CATECISMO
DOS NENOS
Bloque
1º.-
1.-Quen é Deus?
Deus
é o noso Pai, que está nos ceos, Creador e Señor de todas as cousas, e nós
somos os seus fillos.
2.-Onde
está Deus?
Deus
está nos ceos, na terra e en todas partes.
3.-Hai
un só Deus?
Si,
hai un só Deus.
4.-Por que dicimos que Deus é Creador?
Dicimos
que Deus é Creador porque fixo todas as cousas da nada.
5.-Podemos atrevernos a falar con Deus Pai?
Si,
podemos atrevernos a falar con Deus, noso Pai. Xesús mesmo mandouno e para isto
ensinounos o Noso Pai.
6.-Para que creou Deus aos homes?
Deus
creou Deus aos homes para que o amemos e obedezamos na terra e sexamos felices
con El no ceo.
7.-Abandonou
Deus aos homes despois do seu pecado?
Non,
Deus non abandonou aos homes despois do seu pecado, senon que lles prometeu un
Salvador.
8.-Como cumpriu Deus Pai a súa promesa?
Enviando
ao seu propio Fillo, que nos salva dos nosos pecados.
9.-Quen é Xesucristo?
Xesucristo
é o Fillo de Deus feito home, que naceu da
Virxe María.
10.-Para que se fixo home o Fillo de Deus?
O
Fillo de Deus fíxose home para redimirnos do pecado e darnos a vida divina.
11.-Que significa o nome de Xesús?
O
nome de Xesús significa Salvador. El é o Fillo de Deus que vén a salvarnos.
Bloque
2º.-
12.-Quen é o noso modelo no cumprimento da Lei
de Deus?
O
noso modelo é Xesucristo, que viu ao
mundo para facer sempre a vontade do Pai.
13.-Quen ama a Deus sobre todas as cousas?
Ama
a Deus sobre todas as cousas o que cumpre todos os seus mandamentos.
14.-Quen toma o nome de Deus en van?
Toma
o nome de Deus en van quen blasfema ou o usa sen o debido respecto.
15.-Que nos manda o quinto mandamento da lei
de Deus?
O
quinto mandamento da lei de Deus mándanos querer ben a todos e perdoar aos
nosos inimigos.
16.-Que
prohíbe o sétimo mandamento da lei de Deus?
O
sétimo mandamento da lei de Deus prohíbe facer dano ao próximo nos seus bens.
17.-Cal é o oitavo mandamento da lei de Deus?
O
oitavo mandamento da lei de Deus é: Non dirás falso testimonio nin mentirás.
18.-Que nos manda o oitavo mandamento da lei
de Deus?
O
oitavo mandamento da lei de Deus mándanos dicir a verdade e respectar a fama do
próximo.
19.-Que prohíbe o décimo mandamento da lei de
Deus?
O
décimo mandamento prohíbe o desexo desordenado de riquezas e a envexa dos bens
alleos.
20.-Que mandamentos debe cumplir o cristián?
O
cristián debe cumplir os mandamentos da lei de Deus e da Santa Madre Igrexa.
Bloque
3º.-
21.-Que deberes teñen os fillos para cos seus
pais?
Teñen
deberes de gratitude, de confianza, respecto e obediencia e de colaboración
para contribuir á paz e á unidade da familia.
22.-Que é
pecado?
Pecado
é toda desobediencia voluntaria á lei de Deus.
23.-Como pode ser o pecado?
O
pecado pode ser venial e mortal.
24.-Que é a Penitencia?
A
penitencia é o sacramento que nos perdoa os pecados cometidos despois do
bautismo.
25.-Cando recibimos o sacramento da
Penitencia?
Recibimos
o sacramento de la penitencia cando nos confesamos ben e recibimos a
absolución.
26.-
Que é a Santa Igrexa?
A
Santa Igrexa é o Pobo de Deus que, con Xesucristo resucitado, e guiado polo
Espírito Santo, camiña cara a Deus Pai.
27.-Cal é o primeiro mandamento da Santa Madre
Igrexa?
O
primeiro mandamento da Santa Madre Igrexa é oír misa enteira todos os domingos
e festas de precepto.
28.-Quen está obrigado a oír misa os domingos
e festas de gardar?
Están
obligados a oír misa os domingos e festas de precepto todos os cristiáns que
cumpliron sete anos e teñen uso de razón.
Bloque
4º.-
29.-Como pode ser o pecado?
O
pecado pode ser venial e mortal.
30.-Que pecados debemos confesar?
Debemos
confesar todos os pecados mortais e convén dicir tamén os veniais.
31.-Que é es a Penitencia?
A
penitencia é o sacramento que nos perdoa os pecados cometidos despois do
bautismo.
32.-Cando recibimos o sacramento da
Penitencia?
Recibimos
o sacramento da penitencia cando nos confesamos ben e recibimos a absolución.
33.-Cantas cousas son necesarias para
confesarnos ben?
Para
confesarnos ben son necesarias cinco cousas:
1-
Exame de conciencia.
2-
Dolor dos pecados.
3-Propósito
de enmienda.
4-
Dicir os pecados ao confesor.
5-
Cumplir a penitencia.
34.-Que é exame de conciencia?
Exame
de conciencia é recordar todos os pecados cometidos desde a ultima confesión
ben feita.
35.-Que é dolor dos pecados?
Dolor
dos pecados é un sentimiento ou pesar sobrenatural de ter ofendido a Deus.
36.-Que é propósito da enmenda?
Propósito
da enmenda é unha firme resolución de non volver a pecar.
37.-Que é dicir os pecados ao confesor?
Acercarse
ao confesionario e pronunciar coa nosa boca todos aqueles pecados que
recordamos no exame de conciencia e dos que nos sentimos doídos con nós mesmos
e que estamos decididos a tratar de non repetir nunca máis.
38.-Que é cumplir a penitencia?
Cumplir
a penitencia é compensar da forma que o sacerdote me indique a falta que
cometín ao pecar.
Bloque 5º.-
39.-Por que quixo sufrir tanto Xesucristo na
Paixón e na Cruz?
Xesucristo
quixo padecer e sufrir tanto na Paixón e na Cruz para manifestarnos o seu amor,
e amosarnos a malicia do pecado.
40.-Por quen padeceu e morreu Xesucristo?
Xesucristo
padeceu e morreu por toda a humanidade. Morreu verdadeiramente e foi posto no
sepulcro.
41.-Que profesamos no Credo cando dicimos que
Xesucristo resucitou ao terceiro día de entre os mortos?
Profesamos
que o mesmo Xesús, despois de morre e quedar sepultado, foi devolto á vida polo
poder de Deus, o seu Pai, para non morrer xamais.
42.-Como
foi glorificado Xesucristo despois da súa paixón e da súa morte na cruz?
Foi
glorificado pola súa Resurrección e Ascensión aos ceos.
Bloque
6º.-
43.-Como está Xesucristo na Eucaristía?
Xesucristo
está na Eucaristía verdadeira e realmente presente.
44.-Cantas cousas hai que considerar na
Eucaristía?
Na
Eucaristía hai que considerar estas tres cousas:
1-
Que na Eucaristía está real e verdadeiramente Xesucristo.
2-
Que na Eucaristía Xesucristo se ofrece por nós.
3-
Que na Eucaristía recibimos a Xesucristo na Sagrada Comuñón.
45.-Cando empeza Xesucristo a estar na
Eucaristía?
Xesucristo
empeza a estar na Eucaristía no momento da consagración na Misa.
46.-Que sucede na celebración da Eucaristía ou
Santa Misa?
Na
Eucaristía ou Santa Misa, Xesucristo renova o sacrificio da cruz, dásenos como
alimento espiritual, e manténnos unidos á Santa Igrexa.
47.-Que hai na Patena e no Cáliz antes da
consagración?
A
Hostia antes da consagración é pan de trigo e no cáliz hai viño cunhas pingas
de auga.
48.-Que é a hostia despois da consagración?
A
Hostia despois da consagración é o Corpo de Xesucristo.
49.-Que hai no cáliz despois da consagración?
No
cáliz, despois da consagración, está o Sangue de Xesucristo.
50.-Por que dicimos que a Santa Misa é un
sacrificio?
Dicimos
que a Santa Misa é Sacrificio porque nela Xesucristo se ofrece polo ministerio
do sacerdote, en memoria e renovación do sacrificio da cruz.
51.-Que é a Sagrada Comuñón?
A
Sagrada Comuñón é recibir ao mesmo Xesucristo baixo as especies de pan e viño.
52.-Para que recibimos a Xesucristo na Sagrada
Comuñón?
Recibimos
a Xesucristo na Sagrada Comuñón para que sexa alimento das nosas almas, nos
aumente a graza e nos dea a vida eterna.
53.-Cantas cousas son necesarias para recibir
ben a Sagrada Comuñón?
Para
recibir ben a Sagrada Comuñón son necesarias tres cousas:
1- Estar en graza de Deus.
2- Gardar o xaxún Eucarístico.
3- Saber a quen recibimos.
54.-Que é gardar o xaxún eucarístico?
Gardar
o xaxún eucarístico é no ter comido nin bebido desde unha hora antes de comungar.
A auga non rompe o xaxún, polo tanto se pode beber se é necesario.
Ilustracións de
http://dibujosparacatequesis.blogspot.com/
Comentarios
Publicar un comentario