Domingo 33 de Ordinario B
PRIMEIRO
Dan 12, 1-3:
Naquel tempo será salvado o meu pobo
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL
12 1Naquel tempo alzarase Miguel, o gran príncipe que
protexe os fillos do teu pobo. Será
época de angustia, tal que nunca a houbo coma ela desde
que as nacións existen ata aquel
tempo. Mesmamente naquel tempo salvarase o teu pobo:
tódolos que se atopen inscritos no
libro. 2Moitos dos que dormen no po da terra espertarán:
uns para a vida eterna, outros
para a ignominia, para a reprobación eterna. 3Os sabios
brillarán coma o fulgor do
firmamento, e os que educaron na xustiza ós demais serán
coma as estrelas por toda a
eternidade.
SALMO
RESPONSORIAL Sal 15, 5 e 8. 9-10. 11
R/
(1): Consérvame, Señor, porque esperei en ti
5Ti es, Señor, a miña herdade e a miña sorte,
ti coidas do meu porvir.
8Teño ó Señor sempre diante;
con El á dereita non caerei.
9Por iso o meu corazón está contento,
as miñas entrañas reloucan
e o meu corpo está seguro.
10Ti non abandonarás á morte a miña vida,
nin deixarás que o teu amigo vexa a corrupción.
11Mostrarasme o camiño da vida:
a túa presencia éncheme de alegría;
a túa dereita, de gozo eterno.
SEGUNDA
Heb 10, 11-14. 18:
Cunha única ofrenda deixou para sempre perfectos ós que
el santifica
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
11Todo sacerdote ten que estar de pé a cotío para
celebra-lo culto e ofrecer un tras outro os
mesmos sacrificios, aínda que estes sacrificios de
ningún xeito poidan quita-los pecados.
12Este, en troques, logo que ofreceu un único sacrificio
polos pecados, sentou para sempre
á dereita de Deus 13e, deste xeito, non lle queda máis
que agardar a que Deus faga dos
seus inimigos un estrado para os seus pés. 14Cunha única
ofrenda deixou para sempre
perfectos ós que el santifica.
18Ora, se hai perdón dos pecados, xa non pode haber
sacrificios polos pecados.
ALELUIA Lc 21, 36
Vixiade, orando permanentemente,
para que poidades estar de pé ante o Fillo do home
EVANXEO
Mc 13, 24-32:
Congregou ós seus elixidos de tódolos puntos da terra
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Dilles Xesús ós
seus discípulos:
24Naqueles días, pasada xa aquela grande angustia, o sol
hase escurecer, a lúa deixará de
aluzar, 25as estrelas caerán do ceo, abalarán as
potencias do ceo. 26Entón verán vi-lo Fillo
do Home sobre as nubes con grande poder e gloria. 27E
mandará os anxos para reuniren os
elixidos desde os catro ventos do cabo da terra ata o
cabo do ceo.
28Aprendede da comparanza da figueira. Cando lle saen os
gromos e bota a folla,
comprendedes que o verán está a chegar. 29Así tamén vós,
cando vexades que pasan estas
cousas, sabede que xa está pretiño, á porta.
30Asegúrovos que non pasará esta xeración sen
que antes suceda todo isto. 31O ceo e maila terra
pasarán, pero as miñas palabras non
pasarán.
32En canto ó día e maila hora no que isto vai acontecer
ninguén sabe nada, nin os anxos do
ceo, nin o Fillo; sábeo o Pai soamente.
Comentarios
Publicar un comentario