Domingo Cristo, Rei do Universo B
PRIMEIRA Dn 7, 13-14:
O seu poder é eterno
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE DANIEL
13Proseguín
ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén
semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ó
ancián e presentouse diante del.
14Foille outorgado poder, maxestade e imperio, e
servírono tódolos pobos, nacións e
linguas. O seu poder é un poder eterno, que non pasará
nunca, e o seu reino endexamais
non será destruído.
SALMO
RESPONSORIAL Sal 92, 1ab. 1c-2 . 5
R/
(1a): Reina o Señor, vestido de maxestade,
1Reina o Señor, vestido de maxestade,
o Señor está vestido, cinguido de poder,
e o mundo non abanea, está firme.
2O teu asento está afincado desde sempre,
ti estás aí desde a eternidade.
5A revelación do Señor é verdadeira,
a santidade é o ornato da túa casa,
polos séculos, Señor.
SEGUNDA
Ap 1, 5-8:
O príncipe dos reinos da terra constituinos en reino,
sacerdotes para o noso Deus
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE SAN XOÁN
Xesús Cristo é a
testemuña que merece fe, o primeiro en renacer da morte e soberano dos
reis da terra.
A aquel que nos ama, que nos liberou dos nosos pecados
co seu sangue 6e que nos
converteu nun reino, en sacerdotes para o seu Deus e
Pai: a el a gloria e mailo poder polos
séculos dos séculos. Amén.
7Velaquí vén nas nubes,
e todo ollo o verá,
mesmo aqueles que o traspasaron:
por el baterán no peito tódalas razas da terra.
Certo. Amén.
8Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o
que era e o que está a vir, o que
todo o sostén.
ALELUIA.....
Mc 11, 9. 10:
¡Bendito o que ven no nome do Señor!
¡Bendito o Reino do noso pai David que ven!
EVANXEO
Xn 18, 33b-37:
Ti dis que eu son rei
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Dille Pilato a
Xesús:
-¿Es ti o Rei dos Xudeus?
34Xesús respondeu:
-¿Dilo ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?
35Pilato replicou:
-¿E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes
entregáronte a min: ¿que
fixeches?
36Xesús contestoulle:
-O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os
meus oficiais loitarían para que
ninguén me entregase ós xudeus; pero o meu reino non é
de aquí.
37Díxolle entón Pilato:
-¿Logo ti es Rei?
Xesús respondeu:
-Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e
para iso vin ó mundo, para dar
testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade,
escoita a miña voz.
Comentarios
Publicar un comentario