Discurso do Papa Francisco ao final do Sínodo da Mocidade
Eu tamén teño que dar
as grazas a todos. Ao Cardeal Baldisseri, a Monseñor Fabene, aos Presidentes
delegados, ao Relator, aos Secretarios especiais - dixen que se deixaron a pel
no documento preparatorio -; agora creo que nos deixaron os ósos, porque o
perderon todo! Grazas aos expertos: vimos como se pasa dun texto mártir a unha comisión mártir, a da
redacción, que o fixo con tanto esforzo e tanta penitencia. Grazas. Grazas a
todos vós, os auditores e entre os auditores, especialmente aos mozos, que nos
trouxeron a súa música aquí á Aula - "música" é a palabra diplomática
para dicir balbordo -, pero é así... Grazas.
Dúas pequenas cousas
que me importan moito. Primeiro: reiterar unha vez máis que o Sínodo non é un
Parlamento. É un espazo protexido para que actúe o Espírito Santo. Por esta
razón, a información que se dá é xeral e non son as cousas máis particulares, os
nomes, a forma de dicir as cousas coas que o Espírito Santo traballa en nós. E este
foi un espazo protexido. Non esquezamos isto: Foi o Espírito o que traballou
aquí. En segundo lugar, que o resultado do Sínodo non é un documento, díxeno ao
principio. Estamos cheos de documentos. Non sei se este documento fóra de aquí
terá algún efecto, non o sei. Pero certamente sei que debe telo en nós, debe
traballar en nós. Nós elaboramos o documento, a comisión; nós estudámolo, aprobámolo. Agora o Espírito
dános o documento para que traballe no noso corazón. Somos nós os destinatarios
do documento, non a xente de fóra. Que este documento traballe; e debemos rezar
co documento, estudalo, pedir luz... O documento é para nós, principalmente.
Si, axudará a moitos outros, pero os primeiros destinatarios somos nós: é o
Espírito quen fixo todo isto e regresa a nós. Non hai que esquecelo, por favor.
E unha terceira cousa: penso na nosa Nai, a
Santa Nai Igrexa. O últimos tres números sobre a santidade [no documento]
mostran o que é a Igrexa: a nosa Nai é Santa, pero nós, fillos, somos
pecadores. Todos somos pecadores. Non esquezamos aquela expresión dos Pais, a
"caste meretrix", a Igrexa santa, a Nai santa con fillos pecadores. E
debido aos nosos pecados, o Gran Acusador sempre se aproveita, como di o
primeiro capítulo de Xob: percorre e percorre a Terra en busca de alguén a quen
acusar. Neste momento está a acusarnos con forza, e esta acusación tamén se
converte en persecución; O Presidente de hoxe [Patriarca Sako] pode dicilo: a
súa xente [a Igrexa en Iraq] é perseguida, así como moitas en Oriente e noutras
partes. E tamén se converte noutro tipo de persecución: acusacións continuas
para ensuciar á Igrexa. Pero á Igrexa non lla ensucia; aos seus fillos si, todos estamos sucios, pero a Nai non. E por
iso é hora de defender á Nai; e á Nai deféndella do Gran Acusador coa oración e
a penitencia. Por iso pedín, neste mes que termina nuns poucos días, que se
rezase o Rosario, que se rezase a San Miguel Arcanxo, que se rezase á nosa Señora
para que sempre cubra á Nai Igrexa. Sigamos facéndoo. É un momento difícil,
porque o Acusador, atacándonos, ataca á Nai, pero a Nai non se toca. Quería
dicir isto sinceramente ao final do Sínodo.
E agora, o Espírito
Santo regálanos este documento a todos nós, tamén a min, para reflexionar sobre
o que nos quere dicir a nós. Moitas
grazas a todos, grazas a todos!
Comentarios
Publicar un comentario