Fieis Defuntos



ORACIÓN DO PAPA FRANCISCO POLOS DEFUNTOS

Deus de infinita misericordia,
confiamos á túa inmensa bondade
a cantos deixaron este mundo para a eternidade,
onde ti esperas a toda a humanidade,
redimida polo sangue precioso de Xesucristo,
morto en rescate polos nosos pecados.

Non mires, Señor,
tantas pobrezas, miserias e debilidades humanas
coas que nos presentaremos ante o tribunal
para ser xulgados para a felicidade ou a condena.

Míranos coa mirada piadosa
que nace da tenrura do teu corazón,
e axúdanos a camiñar no camiño dunha completa purificación.

Que ningún dos teus fillos se perda no lume eterno,
onde xa non pode haber arrepentimento.

Confiámosche, Señor, as almas dos nosos seres queridos,
e das persoas que morreron sen o consolo sacramental
ou non tiveron maneira de arrepentirse
nin sequera ao final da súa vida.

Que ninguén teña o temor de atoparte
despois da peregrinación terreal,
na esperanza de ser acollidos
nos brazos da infinita misericordia.

Que a irmá morte corporal
nos atope vixiantes na oración
e cheos de todo ben,
recollido na nosa breve ou longa existencia.

Señor, que nada nos afaste de ti nesta terra,
senón que en todo nos sosteñas
no ardente desexo de repousar serena e eternamente.
Amén.

 

LECTURAS: 


VER MÁIS EN: Festividades Novembro


Comentarios

Publicacións populares