Domingo 31 de Ordinario B
PRIMEIRA
Dt 6, 2-6
Escoita, Israel: amarás ó Señor de todo corazón
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Faloulle Moisés ó
pobo dicindo:
Respecta
o Señor, o teu Deus, gardando todos os seus preceptos e os seus mandamentos que
eu che ordenei, ti e o teu fillo e mais o teu neto, todos os días da túa vida,
para que se alonguen os teus días. 3Escoita, Israel, e ten coidado de o
practicar, para que sexas feliz e que te multipliques moito, pois tal como cho
falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e mel.
4Escoita, Israel: O Señor, o noso Deus, é Iavé, o único.
5Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con todas as túas
aspiracións e con toda a túa forza. 6Os preceptos estes, que eu che mando hoxe,
estarán no teu corazón;
SALMO
RESPONSORIAL Sal 17, 2-3a. 3bc-4. 47 e 51ab
R/
(2): Eu ámote, Señor, a miña forza
2Eu ámote, Señor,
a miña forza,
3Señor, a miña rocha, o meu castro, o meu refuxio,
meu Deus, penedo onde me acollo,
o meu escudo, o meu alcázar, o meu castelo.
4Eu invoco ó Señor, o adorable,
e salvarame dos meus inimigos.
47Viva o Señor,
bendita a miña rocha;
sexa exaltado Deus, o meu salvador,
51o que lle dá ó rei grandes victorias
e mostra misericordia ó seu unxido
SEGUNDA
Heb 7 23-28:
Ten un sacerdocio imperecedeiro, xa que dura para sempre
PROCLAMCIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
Irmáns e irmás:
23Aqueles
foron moitísimos sacerdotes, porque a morte non os deixaba ser duradeiros;
24pero este ten un sacerdocio imperecedoiro, xa que dura para sempre. 25Por iso
pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a
Deus, xa que en todo momento vive para interceder por eles.
26Pois
era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen
ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis
alta có mesmo ceo. 27Non necesita ofrecer sacrificios cada día, en primeiro
lugar polos seus pecados e logo polos do pobo, coma os outros Sumos Sacerdotes;
pois isto fíxoo dunha vez para sempre, ofrecéndose a si mesmo. 28En síntese, a
Lei constitúe Sumos Sacerdotes a homes débiles, mentres que o xuramento que vén
despois da Lei constitúe Sumo Sacerdote ó Fillo que logrou a salvación plena
para sempre.
ALELUIA
Xn 14, 23:
Se alguén me ama, gardará a miña palabra,
e meu Pai amarao, e viremos onda el
EVANXEO
Mc 12, 28b-34:
Amara-lo Señor teu Deus. Amara-lo teu próximo
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
28Un letrado, que oíra a discusión,
decatándose do ben que lles respondera, preguntoulle:
‑¿Cal
é o mais importante de todos os mandamentos?
29Xesús
respondeulle:
‑O
primeiro é: Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor é único, 30e amarás o Señor, o teu Deus, con todo o
teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con todas as
túas forzas. 31O segundo é: Amarás o teu
próximo coma a ti mesmo. Non hai mandamentos máis importantes ca estes.
32O
letrado replicou:
‑Moi
ben, Mestre, estás no certo cando dis que El é único e non hai outro fóra
del; 33e que amalo con todo o corazón,
con todo o entendemento e con todas as forzas, e o próximo coma a un mesmo, é mais importante do que todos os sacrificios
e holocaustos.
34Xesús,
vendo que respondera con moito tino, díxolle:
‑Non
estás lonxe do Reino de Deus.
E
ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.
Comentarios
Publicar un comentario