ORACIÓN DE ADVENTO - QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...


QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
Preparado para que, cando Ti chames, eu te abra.
Esperto para que, cando Ti te achegues, te deixe entrar.
Alegre para que, cando Ti te presentes, vexas a miña alegría.

QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
Que, o tempo no que vivo, non me impida ver o futuro.
Que, os meus soños humanos, non eclipsen os divinos.
Que, as cousas efémeras, non se antepoñan sobre as definitivas.

QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
E que, cando nazas, eu poida velarte.
Para que, cando veñas, saia a recibirte.
E que, cando chores, eu te poida arrolar.

QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
Para que, a violencia, de lugar á paz.
Para que os inimigos se dean a man.
Para que a escuridade sexa vencida pola luz.
Para que o ceo se abra sobre a terra.

QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
Porque o mundo necesita ánimo e levantar a súa cabeza.
Porque o mundo, sen Ti, está cada vez máis frío.
Porque o mundo, sen Ti, é un caos sen esperanza.
Porque o mundo, sen Ti, vive e camiña desorientado.

QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
Prepara a miña vida persoal: que sexa a terra onde crezas.
Traballa o meu corazón: que sexa o berce onde nazas.
Ilumina os meus camiños: para que poida ir por eles e atoparte.
Dáme forza: para que poida ofrecer ao mundo o que o Ti me dás.

QUERO ESTAR EN VELA, SEÑOR...
Entre outras cousas porque, o teu Nacemento,
será a mellor noticia da Noite Santa
que se fará madrugada de amor inmenso en Belén.
VÉN, SEÑOR!


TOMADO DE: http://reflejosdeluz11.blogspot.com/

Comentarios

Publicacións populares