Velaí o teu rei ven a ti coma pobre - Zac 9, 9-10

Domingo 14 de Ordinario - ciclo A


SEMPRE CHAMAS

Sempre chamas.
Con agarimo
cada día que amence.
Con susurros
no silencio da noite.
Con tenrura
cando o cansazo nos vence.
A berros
no ruído do mundo.
Con constancia
cando nos equivocamos de camiño

Sempre chamas.
Desde a dor
dos que sofren sen consolo.
Desde a alegría
dos que cantan á vida.
Desde o amor
dos que atenden ao próximo.
Desde a paixón
dos que se esquecen de si mesmos.

Sempre chamas.
  
Florentino Ulibarri




Comentarios

Publicacións populares