Consepultados con el polo bautismo, andemos en vida nova - Rm 6, 3-4. 8-11
Domingo 13 de Ordinario - ciclo A
SEN PRÉSAS
Ti, que nos fixeches á túa imaxe;
Ti, que nos deches o mundo enteiro por casa;
Ti, que nos espertas todas as mañás;
Ti, que nos queres con entrañas de misericordia;
Ti, a quen debemos que angustias e desgrazas
non nos afundan en pozos negros
de soidade e desesperanza:
Fálanos sen présas!
Ti, que venciches á morte na súa vitoria;
Ti, que arrolas con tenrura todos os nosos días.
Ti, que nos volves cara a Ti;
Ti, que nos fas dignos de ser escoitados;
Ti, que nos desposúes do que non é
para revestimos do que é:
Fálanos sen présas!
Ti, que soñas e preparas o noso porvir;
Ti, que nos amas como ás nenas dos teus ollos;
Ti, que nos maduras ao teu ritmo e calor;
Ti, que cantas e aplaudes o noso camiñar;
Ti, por quen temos sede da auga
que, unha vez bebida, sácianos para sempre:
Fálanos sen présas!
Ti, que nos purificas e preparas;
Ti, que nos abres a porta;
Ti, que nos alzas ata o teu rostro;
Ti, que escoitas o noso alentar e o noso silencio;
Ti, por cuxa graza o mellor de nós
non se ve esclavizado polo poder do Malo:
Fálanos sen présas!
Ti, Pai bo,
deten o noso vagar,
acóllenos no teu colo e...
Fálanos de Ti, sen présas!
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario