A esperanza viva da creación agarda arelante a revelación dos fillos de Deus - Rom 8, 18-23
Domingo 15 de Ordinario - ciclo A
IDE POLO MUNDO
IDE POLO MUNDO
Estas palabras están ditas para mín.
Son continuador da túa obra,
son o teu compañeiro na misión.
Grazas, Xesús.
Atópome emocionado pola túa confianza.
A anada é moita e os braceiros poucos,
quero ser un deles.
Moitas persoas están caídas e pasamos de largo.
Quero ser o bo samaritano.
Convérteme primeiro a min,
para que eu poida anunciar a outros a Boa Nova.
Dáme audacia.
Neste mundo escéptico e autosuficiente,
teño vergoña e medo.
Dáme esperanza.
Nesta sociedade receosa e pechada,
eu tamén teño pouca confianza nas persoas.
Dáme amor.
Nesta terra insolidaria e fría,
eu tamén sinto pouco amor.
Dáme constancia.
Nesta ambiente cómodo e superficial,
eu tamén me canso con facilidade.
Convérteme primeiro a min,
para que eu poida anunciar a outros a Boa Nova.
Grazas, Xesús.
Atópome emocionado pola túa confianza.
Comentarios
Publicar un comentario