31 jul. 2017

Pediches sabedoría para ti - 1 Re 3, 5. 7-12

Domingo 17 Ordinario - ciclo A 


DITOSA A PERSOA 

QUE TROPEZA CONTIGO

Ditosa a persoa que tropeza contigo

Ditosa aquela que te atopa e te descobre
en calquera camiño,

en calquera encrucillada,
nos lugares máis insospeitados.

Ditosa a persoa que non se acomoda 

e todos os días, a calquera hora,  

é quen de verte e recoñecerte,
sentindo o mesmo sobresalto da primeira vez.

Porque ...
a maior ganancia es Ti,
a perla máis preciosa es Ti,
o tesouro máis desexado es Ti.

Todo o que buscamos, lévalo Ti

verdade, xustiza, amor, paz
alegría, fraternidade, festa
solidariedade, vida nova,
nova sociedade, nova humanidade.


Todo ten o teu rostro, 

a túa voz, o teu nome.






No hay comentarios:

Publicar un comentario