19 jul. 2017

A chuvia fai xerminar a terra - Is 55, 10-11

Domingo 15 de Ordinario - ciclo A



DISCÍPULO 
EN PRÁCTICAS

Se me chamas,
seguireite sen dubidar
aínda que o camiño sexa descoñecido e duro.

Se me falas,
calarei e crerei en Ti
aínda que a túa voz esnaquice os meus plans e soños.

Se queres podarme,
deixareime podar
aínda que o meu zume se espalle en terra sen nome

Se me acrisolas ao lume,
deixareime purificar
aínda que pulverices os meus desexos e posesións.

Se me invitas,
entrarei na túa casa e no teu corazón
aínda que sexa pobre e esmoleiro.

Se me queres contigo,
irei a onde queiras,
aínda que non me gusten leis e obediencias.

E se me miras con amor,
intentarei acoller os teus anhelos
aínda que os vimbios do meu ser non sirvan para iso.



Florentino Ulibarri


No hay comentarios:

Publicar un comentario