23 jul. 2017

O Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis fondos cás palabras - Rm 8, 26-27

Domingo 16 de Ordinario - ciclo A


QUERO SER UN CRUCEIRO

Eu quero ser un cruceiro,
observador calado e atento
dos adros e dos camposantos,
dos lugares de loito e festa,
do ir e vir dos camiños,
dos traballo nas terras,
da terra que a min me rodea.

Eu quero ser un cruceiro,
ofrecéndolles aos meus,
como a min me ofreceron
mellor que eu teño;
o mesmiño que a nai nos cruceiros
lle ofrece ao que pasa
o corpo do fillo desfeito.

Eu quero ser un cruceiro,
e ser entre os meus, sen respiro,
sinal da paciencia de Deus
que espera e espera,
sen cansar na tarefa
de dar diario o que ten
sen nunca botalo de perda.

Eu quero ser un cruceiro
firme e erguido sen medo,
aínda que a xente me esqueza,
e quede ignorado e perdido
no medio das sombras da Terra.

Eu quero ser un cruceiro,
onde sexa, en base de pedro rexa,
erguendo ata o ceo suores
e loitas diarias xente labrega.

Eu quero ser un cruceiro,
cos brazos abertos
recibindo do ar as apertas
e os bicos da Terra;
agardando aquel día,
o día do gozo e da festa,
de ser entre os meus para sempre
cruceiro de pedra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario