Domingo 14 de Ordinario A


PRIMEIRA Zac 9, 9-10
Velaí o teu rei ven a ti coma pobre
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ZACARÍAS

 9Relouca, filla de Sión,
grita de ledicia, filla de Xerusalén.
Velaí chega o teu rei,
é xusto e protexido do Señor,
humilde e montado nun burro,
si, nun burriño fillo dunha burra.
10Eu acabarei cos carros de Efraím
e cos cabalos de Xerusalén,
acabarase o arco de guerra
e El anunciará a paz ás nacións,
reinará desde un mar a outro mar,
desde o Éufrates ós confíns da terra.


SALMO RESPONSORIAL Sal 144, 1-2. 8-9. 10-11. 13cd-14
R/ (1): Meu Deus e meu rei, bendicirei por sempre o teu nome

Meu Deus e meu rei, quero enxalzarte
e bendicir por sempre o teu nome.
2Bendicireite o día enteiro,
louvarei por sempre o teu nome.

 8O Señor é clemente e compasivo,
tardo á ira e rico en amor.
9O Señor é bo para todos,
garimoso con tódalas súas obras.

10Lóuvente, Señor, as túas obras,
bendígante os teus amigos.
11Pregoen a gloria do teu reino,
proclamen as túas fazañas.

13O teu reino é reino eterno,
o teu goberno dura por xeracións.
14O Señor sostén a tódolos que caen
e endereita os que se dobran.

 

SEGUNDA Rm 8, 9-13
Se, coa forza do Espírito, mortificáde-las obras do corpo, viviredes
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:
9Vós senón conforme o Espírito, posto que o Espírito de Deus habita en vós: se algún non
ten o Espírito de Cristo, ese non é de Cristo. 10Se Cristo está en vós, o voso corpo
certamente está morto por culpa do pecado, mais o Espírito é vida por causa da xustiza.
11Se o Espírito do que resucitou dos mortos a Xesús habita en vós, o mesmo que resucitou
a Cristo dos mortos vivificará os vosos corpos mortais polo seu Espírito que habita en vós.

12Polo tanto, irmáns, somos de certo debedores; pero non da baixa condición, para
vivirmos segundo ela. 13Porque, se vivides segundo a baixa condición, teredes que morrer
pero, se coa axuda do Espírito mortificáde--las obras do corpo, viviredes.



ALELUIA Cf Mt 11, 25:
Bendito es ti, Pai, Señor do ceo e mais da terra,
porque lle revelaches ós humildes os misterios do Reino



EVANXEO Mt 11, 25-30
Son manso e humilde de corazón
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

25Naquel tempo dixo Xesús:
-Bendito sexas, meu Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas
cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde. 26Si, meu Pai, bendito
sexas por che agradar iso así. 27Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén coñece ó
Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.

28Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei.
29Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e
atoparedes acougo para as vosas almas; 30porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga
leviá.










Comentarios

Publicacións populares