3 jul. 2017

3 de xullo - San Tomé, Apóstolo


 

DEBUXOS DE : 




COMO TOMÉ

Como Tomé...
tamén dubido e pido probas.
Tamén creo no que vexo.
Quero xestos. Teño medo.
Solicito garantías.
Poño moita cabeza e pouco corazón.
Pregunto, aínda que o corazón dime: «El vive».
Non me lanzo ao camiño sen saber onde vai.

Quítame o medo e o cálculo.
Quítame a angustia e a lóxica.
Quítame o xesto e a esixencia.
Dáme o teu espírito, e que ao descubrirte,
no rostro e o irmán, 
murmure, xa convertido: 
«Meu Señor e meu Deus».

José María R. Olaizola sj




No hay comentarios:

Publicar un comentario