5 jun. 2017

Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar - Feit 2, 1-11

Domingo de Pentecoste - ciclo A


LADAÍÑA DE 
PENTECOSTE

Derrama o teu Espírito
sobre mozos e anciáns,
sobre nenos e adultos,
sobre homes e mulleres,
sobre ricos e pobres,
sobre débiles e fortes,
sobre o Norte e o Sur
Derrama o teu Espírito.

Envía o teu lume
ao corazón de todas as persoas,
aos ollos de todas as persoas,
aos beizos de todas as persoas,
aos oídos de todas as persoas,
ás mans de todas as persoas,
ás entrañas de todas as persoas.

Envía o teu lume.
Sopra o teu alento
sobre os que cren,
sobre os que dubidan,
sobre os que aman,
sobre os que senten sós,
sobre os que sementan,
sobre os que marchitan esperanzas.
Sopra o teu alento.

Envía o teu lume
ás palabras dos profetas,
aos silencios dos pobres,
aos discursos dos políticos,
aos cantos dos monxes,
aos libros dos sabios,
ás nanas das nais.

Envía o teu lume.
Derrama o teu Espírito
sobre quen constrúen o futuro
sobre os que traballan pola paz,
sobre os que plantan a xustiza,
sobre os que teñen fame e sede de verdade,
sobre os que crean beleza,
sobre quen coidan a túa obra da creación.
Derrama o teu Espírito.



Florentino Ulibarri






No hay comentarios:

Publicar un comentario