O Señor, o Señor Deus, compasivo e benfeitor - Ex 34, 4b-6. 8-9

Domingo da Santísima Trindade - ciclo A


ALGUÉN VÉN

Sen chamarlle,
sen pensar sequera nel,
sen saber moi ben quen é,
sen ter ollos para verlle...,
alguén vén,
pasa xunto a nós,
fíxase
e senta ao noso lado
para estar connosco, os homes.

Alguén vén,
e ten tantas cousas
que cambiar dentro de nós
e na nosa contorna...
Non vén para que todo siga igual
nin para facer silencio ao noso lado;
vén porque é posible ser doutra maneira,
ter vista e vida,
levantarse e camiñar,
ser persoas novas,
deixar a cegueira
e dar testemuño do Reino
acollendo as súas sementes.

Alguén vén,
diríxenos a súa palabra,
unha palabra que comprendemos
porque é clara,
aluma as nosas miserias,
cura vellas feridas
e desfai tantos insoportables esforzos e montaxes.,
Vén desde a proximidade de Deus
a atoparse connosco
e a abrimos os ollos
para que coñezamos o seu rostro
e nunca máis teñamos medo.

Vén
e só nos pide lavarnos,
crer nel
e cambiar de bando,
para ter o que máis anhelamos.


Florentino Ulibarri


Comentarios

Publicacións populares