8 jun. 2017

Oración á Santísima Trindade da Beata Isabel da Trindade




Meu Deus, Trindade que adoro,
axúdame a esquecerme
enteiramente de min mesma
para establecerme en Ti,
inmóbil e apracible
coma se a miña alma estivese
xa na eternidade;
que nada poida turbar a miña paz,
nin facerme saír de Ti, o meu inmutable,
senón que cada minuto me leve máis lonxe
na profundidade do teu Misterio.

Pacifica a miña alma.
Fai dela o teu ceo,
a túa morada amada e o lugar do teu repouso.

Que eu non che deixe xamais só nela,
senón que eu estea alí enteiramente,
totalmente esperta na miña fe,
en adoración, entregada sen reservas
á túa acción creadora.

Amén


No hay comentarios:

Publicar un comentario