20 jun. 2017

Deuche de comer o maná, que ti non coñecías nin teus pais - Dt 8, 2-3. 14b-16a

Corpus Christi - ciclo A


FÍXOSE CARNE

E a Palabra fíxose carne
viva,
sensible e tenra,
cálida e próxima,
entrañable,
Deus encariñado,
Deus humanizado,
Fillo e irmán,
libre e palpable.
Si.

Fíxose caricia e graza,
berro e pranto,
risa e diálogo,
silencio sonoro,
balbuceo de neno,
eco dos que non teñen voz,
boa noticia,
canto alegre,
toque liberador..

E humanizounos!



Florentino Ulibarri




No hay comentarios:

Publicar un comentario