11 jun. 2017

A graza de Xesús Cristo, o amor de Deus e a comuñón do Espírito Santo - 2 Cor 13, 11-13

Domingo da Santísima Trindade - ciclo A



 VEN, ESPÍRITO SANTO

Ven, Espírito Santo, Deus de Amor,
apaga en nós os lumes do odio e a violencia;
queima co teu lume os nosos egoísmos e impurezas,
co teu lume que purifica e transfigura;
fainos pasar da covardía á decisión,
do peche e do temor á firmeza de recoñecer vivo ao Señor;
limpa as nosas ansias de grandezas
e concédenos a sinxeleza do neno
que se recuesta confiado nos brazos da súa nai.

Ven, Espírito Santo, Deus de Comuñón,
derruba as barreiras que dividen aos pobos e aos homes,
as nosas torres orgullosas,
coa forza do teu alento poderoso e sanador.
Multiplica os lazos solidarios,
cose as rupturas co fío do perdón,
fainos irmáns que se aman, precisamente, por ser diferentes.

Ven, Espírito Santo, Deus de Luz,
pon entendemento nas vellas discusións e rifas;
ensínanos a lingua común humanitaria,
a lingua da tolerancia e do respecto,
a lingua do amor e do perdón;
que todos podamos valorarnos e comprendernos dialogando,
sendo fieis lle á nosa palabra,
facendo un pacto definitivo e sincero coa verdade.

Ven, Espírito Santo, Deus Pai e Nai ao mesmo tempo,
ensancha o noso pequeno corazón;
sácanos da nosa parcela insolidaria
para saír ao encontro dos outros,
valorar aos pequenos, sentarnos na mesa dos humildes
porque ti es Pai de todos e, polo mesmo, todos somos irmáns.

Ven, Espírito Santo, Deus da tenrura,
don do Pai, corazón do Fillo, forza de Deus,
que envolves toda a nosa vida. Amén.



Isidro Lozano





No hay comentarios:

Publicar un comentario