4 jun. 2017

A todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo - 1 Cor 12, 3-13

Domingo de Pentecoste - ciclo A


VEN

Ven recrear a nosa vida,
ven dar optimismo ao noso porvir,
ven dar alegría ao noso camiñar,
ven dar forza á nosa debilidade,
ven dar savia nova á nosa sequedade.

Ven empuxar o noso conformismo,
ven auxiliar o noso cansazo,
ven rexuvenecer o noso cristianismo,
ven abrimos novos horizontes,
ven encher os nosos baleiros.

Ven dialogar connosco,
ven ensinarnos as túas esperanzas,
ven mostramos as túas conquistas,
ven espirnos das nosas xustificacións,
ven borrar a desconfianza en Ti.

Ven crearnos inquietudes,
ven afianzar os nosos ideais,
ven obrigamos á autenticidade,
ven pedirnos conta da guerra e o odio,
ven examinarnos de dous mil anos de Evanxeo.

Ven darnos altura e profundidade,
ven preguntamos pola verdade,
ven pór en crise a nosa escala de valores,
ven regar a nosa terra baldía,
ven buscar o noso amor.

Ven derrubar as nosas murallas,
ven acrisolamos co teu lume,
ven espertarnos do noso soño,
ven curar as nosas feridas,
ven estar connosco.

Ven amodo, sen présas;
ven sen parar, non retrocedas;
ven como Ti sabes;
ven, pois es necesario;
ven, necesitámoste.

Ven, pois o mundo depende de Ti.
Ven, que ten caruncho e está roto.
Ven, pois está nas túas mans!, é teu!
Ven, somos pecadores, torpes e zafios.
Ven e ensínanos a vivir como irmáns.


Florentino Ulibarri



No hay comentarios:

Publicar un comentario