Domingo 12 de Ordinario A
DOMINGO
XII ORDINARIO - CICLO A
Primeira Lectura Xer 20,
10-13
Liberou a vida do pobre da man dos malvados
LECTURA DO LIBRO DE XEREMÍAS
Dixo Xeremías:
Xa estou oíndo a
sentencia,
aumenta o terror arredor:
"Denunciádeo,
denunciémolo".
Todos os que se fiaban
da miña mensaxe de paz,
agardan a miña caída:
"A ver se se
deixa seducir:
poderemos con el, e vingarémonos del".
Polo Señor suspiro,
como por un forte loitador;
por isto os meus perseguidores caen, non me poden.
Quedarán cubertos de
vergonza porque non tiveron éxito,
non deixarán esquecida esta vergonza perpetua.
Señor dos Exércitos,
que pos a proba o xusto,
que ver os sentimentos e mais as intencións,
eu hei ver como te vingas deles,
pois a ti encomendei o meu preito.
Cantádelle ao Señor,
loade o Señor,
pois libra a vida dun pobre do poder dos malvados.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 68,
8-10. 14 e 17. 33-35
R/. (14c): Pola túa moita bondade, escóitame, Señor.
Por ti aturo eu afrontas
e cóbreme a cara a vergonza.
Volvinme estraño para meus irmáns,
alleo aos fillos da miña nai.
Consómeme o celo da túa casa
e as aldraxes dos que te aldraxan
caen enriba de min.
Mais eu, Señor, suplico cara a ti,
na hora, meu Deus, do teu favor.
Pola túa moita bondade,
respóndeme, pois ti es o socorro verdadeiro.
Respóndeme, Señor, conforme ao teu amor,
pola túa misericordia, vólvete a min.
Olládeo, humildes, e alegrádevos,
avivecede o corazón os que buscades o Señor,
pois o Señor escoita aos humildes,
non despreza aos seus na cadea.
Lóente o ceo e mais a terra.
Segunda Lectura Rm 5, 12-15
Non hai comparanza entre o delito e o don
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Irmáns:
Como por un home
entrou o pecado no mundo e polo pecado a morte, así a todos os homes chegou a
morte, pois todos pecaron.
Porque, ata o tempo da
Lei había pecado no mundo, pero o pecado non se imputaba ao non haber Lei.
Mesmo así, a morte
dominou desde Adán ata Moisés, tamén sobre aqueles que non pecaron cunha
transgresión semellante á de Adán, que é antecesor do home que debía vir.
Pero non hai
comparanza entre o delito e o don. Porque, se polo delito dun home morreron todos
os outros, moito máis a graza de Deus e a liberalidade na benevolencia dun
home, Xesús Cristo, rebordaron sobre
todos.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 15, 26b. 27a
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
O Espírito da verdade dará testemuño de min, di o Señor;
tamén vós daredes testemuño.
Aleluia.
Evanxeo Mt 10, 26-33
Non lles teñades medo aos que matan o corpo
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Naquel tempo, díxolles
Xesús aos seus apóstolos:
‑ Non lles teñades
medo aos homes, que non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo, nin
cousa oculta que non se acaba sabendo. O que vos digo na escuridade, faládeo á
plena luz; e o que oídes ás agachadas, pregoádeo desde as azoteas.
Non lles teñades medo
aos que matan o corpo, pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que
pode arruinar o corpo e a alma no inferno.
Non se venden un par
de pardais por un as? Con todo, nin sequera un deles cae no chan sen o
consentimento do voso Pai. E en canto a vós, mesmo os cabelos da vosa cabeza
están todos contados. Así que non teñades medo, vós valedes máis ca todos os
pardais xuntos.
Todo o que volva por
min diante dos homes, tamén eu hei volver por el diante de meu Pai, que está
nos ceos; pero quen me negue diante dos homes, eu negareino a el diante de meu
Pai, que está nos ceos.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
ENTRADA:
LECTURAS:
OFERTORIO:
COMUÑÓN:
Comentarios
Publicar un comentario