Liberou a vida do pobre da man dos malvados - Xer 20, 10-13

Domingo 12 de Ordinario - ciclo A


NON TEÑAS MEDO

Non teñas medo – diche Xesús-,
non lles teñas medo,
non lles teñas medo aos que ocultan a verdade,
ou non a buscan sinceramente,
aos que co arma da mentira proveitosa
queren dominar os pobos e as persoas.

Rebélate –diche Xesús-
manifesta nun lado e noutro
a túa crenza fonda na irmandade,
adquirida ao abeiro de Deus Pai
ao lado de Xesús e da comunidade.

Fai desa crenza un gozo persoal diario
e una forza de reivindicación
nun mundo convocado desde moitas partes
á insolidariedade máis ampla e total.

Non lles teñas medo – diche Xesús-
aos que poden castigarte por iso;
privarte daquel posto de traballo,
retirarte aquel apoio ou influencia,
facerche mal nos teu bens ou propiedades,
ou incluso matarche o corpo.
Non lles teñas medo.

Fíate de Xesús, fíate do Pai;
todos os pelos da túa cabeza están contados;
nin o máis pequeno esforzo pola fraternidade no pobo
se perderá sen sentido e sen proveito.

Sé Valente, loita, non teñas medo,
fíate de Deus a fondo;
estás vertendo a vida
no proxecto máis limpo e venturoso,
por ti e polo pobo.
Non teñas medo.




Comentarios

Publicacións populares