1 nov. 2016

Sexa glorificado en vós o nome de Cristo, e vós nel - 2 Tes 1, 11 - 2, 2

Domingo 31 do Tpo. Ordinario - ciclo C



LADAÍÑAS AO STMO. NOME DE XESÚS

Señor, ten piedade de nós.
Cristo, ten piedade de nós.
Señor, ten piedade de nós.

Xesús, óenos.
Xesús, escóitanos.
Deus Pai Celestial, 
R/ ten piedade de nós.

Deus Fillo, Redentor do mundo,
Deus Espírito Santo,
Santísima Trindade que es un só Deus,
Xesús, fillo de Deus vivo,
Xesús, esplendor do Pai,
Xesús, pureza da luz eterna,
Xesús, rei da gloria,
Xesús, sol de xustiza,
Xesús, fillo da Virxe María,
Xesús, amable,
Xesús, admirable,
Xesús, Deus forte,
Xesús, pai do século futuro,
Xesús, mensaxeiro do plan divino,
Xesús, todopoderoso,
Xesús, pacientísimo,
Xesús, obedientísimo,
Xesús, manso e humilde de corazón,
Xesús, amante da castidade,
Xesús, amador noso,
Xesús, Deus de paz,
Xesús, autor da vida,
Xesús, modelo das virtudes,
Xesús, celoso da salvación das almas,
Xesús, o noso Deus,
Xesús, o noso refuxio,
Xesús, pai dos pobres,
Xesús, tesouro dos fieis,
Xesús, pastor bo,
Xesús, verdadeira luz,
Xesús, sabedoría eterna,
Xesús, bondade infinita,
Xesús, camiño e vida nosa,
Xesús, alegría dos anxos,
Xesús, rei dos patriarcas,
Xesús, mestre dos apóstolos,
Xesús, doutor dos evanxelistas,
Xesús, fortaleza dos mártires,
Xesús, luz dos confesores,
Xesús, pureza das virxes,
Xesús, coroa de todos os santos,

Sédenos propicio; perdóanos, Xesús.
Sédenos propicio; escóitanos, Xesús.
De todo mal, 
R/ líbranos, Xesús.
De todo pecado,
Da túa ira,
Das asechanzas do demo,
Do espírito impuro,
Da morte eterna,
Do menosprezo das túas inspiracións,
Polo misterio da túa santa encarnación,
Pola túa natividade,
Pola túa infancia,
Pola túa vida divina,
Polos teus traballos,
Pola túa agonía e paixón,
Pola túa cruz e desamparo,
Polos teus sufrimentos,
Pola túa morte e sepultura,
Pola túa resurrección,
Pola túa ascensión,
Pola túa institución da santísima Eucaristía,
Polos teus gozos,
Pola túa gloria.

Año de Deus, que quitas os pecados do mundo, 
perdóanos Señor.
Año de Deus, que quitas os pecados do mundo, 
escóitanos Señor.
Año de Deus, que quitas os pecados do mundo, 
ten piedade de nós.

ORACIÓN: 
Señor o noso Xesucristo, que dixeches: 
Pedide e recibiredes, 
buscade e atoparedes, 
chamade e abrirállevos. 
Rogámosche nos concedas o lume do teu amor divino, 
para que te amemos de palabra, 
de obra e de todo corazón 
e nunca cesemos de bendicir o teu santo nome.

No hay comentarios:

Publicar un comentario