28 nov. 2016

Is 2, 1-5: O Señor congrega a tódalas nacións na paz eterna do seu Reino

Domingo I de Advento - ciclo A


PREGÓN DE ADVENTO

 Alzade a vista, restregade os ollos,
oteade o horizonte e dádevos conta do momento.
Abride todos os sentidos, aguzade o oído.
Captade os berros e susurros, o vento e a vida...

Empezamos Advento,
e unha vez máis renace a esperanza no horizonte.
Ao fondo, clareando xa, o Nadal.
Un Nadal sosegado, íntima, pacífica,
fraternal, solidario, encarnado;
tamén superficial, desgarrado, violento...
mais sempre desposado coa esperanza.

É Advento esa nena esperanza
que todos levamos, sen saber como, nas entrañas;
unha chama temblorosa, imposible de apagar,
que atravesa o espesor dos tempos;
un camiño de solidariedade ben percorrido;
a alegría contida en cada traxecto;
unhas pegadas que non enganan;
unha xestación chea de vida;
anuncio contido de boa nova;
unha tenrura que se desborda...

Cheo de esperanza grita Isaías:
Camiñemos á luz do Señor”.
Con esperanza pregoa Xoán Bautista:
Convertédevos, porque xa chega o reino de Deus”.
Con sorpresa inaudita
acolle Xosé ao seu fillo e Mesías.
Coa esperanza de todos os pobres
rumorea María a súa palabra de acollida:
Fágase en min segundo a túa palabra.

Alegrádevos, saltade de xúbilo.
Póndevos voso mellor traxe.
Perfumádevos con perfumes caros.
Que se note! Vén Deus..
Preparade o camiño.
Xa chega o noso Salvador.
Espertade á vida!


Florentino Ulibarri

No hay comentarios:

Publicar un comentario