6 nov. 2016

Deus vos confirme en toda palabra e obra boa - 2 Tes 2, 16 -- 3, 5

Domingo 32 do Tpo. Ordinario - ciclo C


AXÚDAME, SEÑOR

Quero, Señor, profundar no sentido da vida
e descubrir as raíces do optimismo e a serenidade,
adiviñar a razón desa tenue tristeza que chamamos alegría.
Que o recordo dos meus irmáns e familiares
que gozan da túa vida para sempre 
me ensine que a alma é un vaso que só se enche de eternidade.

AXÚDAME, SEÑOR,
PORQUE DETRÁS DO BOSQUE DA MORTE
TI ESCONDES AS ÁS DA VIDA.

Axúdame, Señor, a derrubar os muros que cercan a miña historia:
o muro da incomunicación e do egoísmo,
o muro da comodidade e do silencio
o muro da increnza e da insolidariedade...
Que descubra a música calada dos días vividos xunto a ti
e a soidade sonora da túa voz de amigo
como unha música que dá vida á miña vida.

AXÚDAME, SEÑOR,
PORQUE DETRÁS DO BOSQUE DA MORTE
TI ESCONDES AS ÁS DA VIDA.

Sei, Señor, que cando non podo expresar as miñas oracións,
ti escoitas o meu corazón;
e no silencio da miña vida, chea de parénteses,
percibes os berros da miña soidade, bolboreta famenta de luz,
que che busca ao lonxe.
Ti, Señor, sabes que son barro e distancia,
pero tamén son estrela que se oculta na escuridade
e aprendín que estou chamado a ser caricia de Deus para mundo.

AXÚDAME, SEÑOR,
PORQUE DETRÁS DO BOSQUE DA MORTE
TI ESCONDES AS ÁS DA VIDA.




Isidro Lozano


No hay comentarios:

Publicar un comentario