22 nov. 2016

ORACIÓN EN TORNO Á COROA DE ADVENTO 1


O Advento é un tempo de alegría, esperanza e purificación, 
no que esperamos o nacemento do Neno Xesús, o noso Salvador.
Cada familia cristiá debe estar "alerta" para iniciar o novo ano 
acollendo a Xesucristo que nace pobre nun pesebre. 
Este recibimento ha de ser alegre e cheo de esperanza.

Estas son catro oracións ao redor da Coroa de Advento, 
unha para cada semana:



 I Semana

VIXIADE!... crecendo e abundando no amor

Guía: O Señor vén salvar ao seu pobo.
Todos: Ditosos os que lle esperan.
G: Vén como palabra de vida.
T: Ditosos os que lle escoitan.
G: Vén para anunciar o perdón dos pecados.
T: Ditosos os que lle acollen.

Da carta de S. Paulo aos Tesalonicenses
"E a vós, que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar, como nos pasa a nós respecto de vós. Que El afinque os vosos corazóns nunha santidade sen tacha diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con todos os seus santos."
(1 Ts 3,12-13)

Lector: Advento, tempo de espera, tempo de vixilia, tempo para abrir os ollos e deixarse iluminar. Paulo convídanos a vivilo crecendo e sobreabundando "no amor duns con outros, e no amor para con todos", para que o noso corazón poida atoparse preparado no momento da chegada do Señor: o deste Nadal, o do final cando lle veremos "cara a cara", pero tamén o momento do día a día, nas persoas e no que ocorre no mundo.

Acéndese a primeira vea
Acéndese unha luz para o home, cedo Xesús chegará entre nós.

G: O profeta anuncia a novidade: o rei Mesías salvaranos.
T: Cantade alegres: gloria ao Señor! Nacerá o Redentor.


Oremos:
G: Ven Señor, como esposo longamente esperado. Vixía o noso corazón, vixía todo o noso ser, para que saibamos recoñecerche sen dúbidas cando virás entre nós. Fai que saibamos acollerche como o noso Deus que nos fai felices hoxe e sempre, por sempre eternamente.
T: Amén.





No hay comentarios:

Publicar un comentario