2 nov. 2016

Palabras do Papa no Angelus no día dos Fieis Defuntos

Queridos irmáns e irmás, bos días!

   Onte celebramos a Solemnidade de Todos os Santos e hoxe a liturxia convídanos a conmemorar aos fieis defuntos. Estas dúas solemnidades están intimamente vinculadas entre elas, así como a alegría e as bágoas atopan en Xesucristo unha síntese que é fundamento da nosa fe e da nosa esperanza. Por unha banda, en efecto, a Igrexa, peregrina na historia alégrase pola intercesión dos Santos e dos Beatos que a sosteñen na misión de anunciar o Evanxeo; por outra, ela, como Xesús, comparte o pranto de quen sofre a separación das persoas queridas e, como El e grazas a El fai resoar o agradecemento ao Pai que nos liberou do dominio do pecado e da morte.

Entre onte e hoxe tantos visitan o cemiterio que, como di esta mesma palabra, é "lugar de repouso", en espera do espertar final.  É belo pensar que será Xesús mesmo a espertanos! Xesús mesmo revelou que a morte do corpo é como un soño do cal El nos esperta. Con esta fe detémonos, tamén espiritualmente, ante as tumbas dos nosos seres queridos, de cuantos quixéronnos e fixéronnos o ben.

Pero hoxe estamos chamados a lembrar a todos, tamén aqueles que ninguén lembra. Lembremos ás vítimas das guerras e das violencias, a tantos "pequenos" do mundo esmagados pola fame e pola miseria. Lembremos aos anónimos que repousan no osario común. Lembremos aos irmáns e as  irmás asasinados por ser cristiáns;  e a cuantos sacrificaron a súa vida por servir aos demais. Confiemos ao Señor especialmente a cuantos deixáronnos no curso deste último ano.

A tradición da Igrexa exhortou sempre a rezar polos defuntos, en particular, ofrecendo por eles a Celebración Eucarística: esa é a mellor axuda espiritual que nós podemos dar ás súas ánimas, particularmente a aquelas máis abandonadas. O fundamento da oración de sufraxio atópase na comuñón do Corpo Místico. Como ratifica o Concilio Vaticano II, "a Igrexa peregrinante sobre a terra, ben consciente desta comuñón de todo o Corpo Místico do noso Señor Xesucristo, ata os primeiros tempos da relixión cristiá, cultivou con gran piedade a memoria dos defuntos" (Lumen Gentium, 50).

O recordo dos defuntos, o coidado dos sepulcros e os sufraxios, son testemuño dunha confiada esperanza, radicada na certeza de que a morte non é a última palabra sobre o destino humano, porque o home está destinado a unha vida sen límites, que ten a súa raíz e o seu cumprimento en Deus.
A Deus diriximos esta oración:
 "Deus de infinita misericordia, confiamos á túa inmensa bondade a cuantos deixaron este mundo pola eternidade, onde as túas esperas á humanidade enteira, redimida polo sangue precioso de Cristo, o teu Fillo, morto en rescate dos nosos pecados.  Non mires, Señor, as tantas pobrezas, miserias e debilidades humanas, cando nos presentaremos ante o teu tribunal, para ser xulgados pola felicidade ou a condena. Dirixe cara a nós a túa mirada piadosa, que nace da tenrura do teu corazón e axúdanos a camiñar no camiño dunha completa purificación. Ningún dos teus fillos se perda no lume eterno do inferno, onde non pode haber máis arrepentimento. Encomendámosche Señor as almas dos nosos seres queridos, das persoas que morreron sen o consolo sacramental ou non puideron arrepentirse nin sequera ao final da súa vida. Que ninguén teña temor de atoparche a ti, despois da peregrinación terreal, na esperanza de ser acollido nos brazos da túa infinita misericordia. Que a irmá morte corporal nos atope vixiantes na oración e cheos de todo ben cumprido no curso da nosa breve ou longa existencia. Señor, que nada nos afaste de Ti nesta terra, senón que todo e todos nos sosteñan no ardente anhelo de repousar serena e eternamente en Ti. Amén."
(P. Antonio Rungi, pasionista, Oración dos defuntos)

Resultado de imaxes para CEMENTERIOS GALICIA DIA DE DIFUNTOS crisantemos

Con esta fe no destino supremo do home, dirixímonos agora á Virxe, que sufriu baixo a Cruz o drama da morte de Cristo e participou despois na alegría da súa resurrección. Que Ela nos axude, Porta do ceo, a comprender sempre máis o valor da oración de sufraxio polos defuntos. Sostéñanos na cotiá peregrinación sobre a terra e nos axude a non perder xamais de vista a meta última da vida que é o Paraíso. E con esta esperanza que non nos defrauda xamais, sigamos adiante!


TOMADO DE:


No hay comentarios:

Publicar un comentario