6 nov. 2016

O rei do mundo hanos resucitar para unha vida eterna - 2 Mac 7, 1-2. 9-14

Domingo 32 do Tpo. Ordinario - ciclo C


DEUS DE VIDA E NON DE MORTE

Si, eu nunca crerei en:
o Deus que ame a dor,
o Deus que poña  luz vermella ás alegrías humanas,
o Deus que se fai temer...
porque ti es un Deus de vida e non de morte.

Si, eu nunca crerei en:
o Deus árbitro que xulga co regulamento na mans,
o Deus que manda ao inferno...
porque ti es un Deus de vida e non de morte.

Si, eu nunca crerei en:
o Deus que adoran os que son capaces de condenar un ser humano,
o Deus que condena a sexualidade,
o Deus que cree discípulos desertores das tarefas do mundo...
porque ti es un Deus de vida e non de morte.

Si, eu nunca crerei en: 
o Deus que poña a lei por enriba da conciencia,
o Deus que non saíse ao encontro de quen o abandonou,
o Deus incapaz de facer novas todas as cousas...
porque ti es un Deus de vida e non de morte.
                                      

         Arias, J.



No hay comentarios:

Publicar un comentario