Velas por Nepal


SILENCIO E PAZ

Foron levados ao país da vida. Para que facer preguntas? 
A súa morada, desde agora, é o Descanso, e o seu vestido, a Luz. 
Para sempre.
Silencio e paz. Que sabemos nós?

Meu Deus, Señor da Historia e dono do onte e do mañá, 
nas túas Mans están as chaves da vida e a morte. 
Sen preguntarnos, leváchelos contigo á Morada Santa, 
e nós pechamos os nosos ollos, baixamos a fronte 
e simplemente dicímosche: "Está ben. Sexa".

Silencio e paz.

Acabouse o combate. 
Xa non haberá para el bágoas, nin pranto, nin sobresaltos. 
O sol brillará por sempre sobre a súa fronte, 
e unha paz intanxible asegurará definitivamente as súas fronteiras.

Señor da vida e dono dos nosos destinos, 
nas túas Mans depositamos silenciosamente 
estes seres entrañable que se nos foron.

Durman a súas almas inmortais para sempre na paz eterna, 
no teu Seo insondable e amoroso, oh, Pai de Misericordia!

Silencio e paz. Amén.


Comentarios

Publicacións populares