CURIOSIDADES DA SEMANA SANTA

Por que se toman dóces neste tempo?

As chulas de pan, as roscas... son dóces típicos destas festas e seguramente non sexa casualidade. Durante moito tempo coresma e Semana Santa foron sinónimo de "xaxún".
Para sobrevivir ao traballo no campo sen comer aos xornaleiros permitíaselles inxerir pequenas doses de ovo, leite e azucre. A mestura foi tomando distintas formase fóronse perfeccionando ó longo do tempo ata chegar a ser as sobremesas típicas de hoxe en día.

Durante varios séculos, ao chegar a Pascua, os pasteleiros cociñaban uns bolos de fariña, ovo e azucre ao forno que os padriños regalaban aos seus afillados. Hoxe en día o ovo e o roscón foron substituídos por figuras de chocolate que van desde o tradicional ovo a outras máis imaxinativas: personaxes de debuxos animados, xogadores de fútbol,... 


Por que nas procesións de Semana Santa se usa un capuchón?

Nos diferentes pasos é normal ver a moitas persoas que participan nas procesións portando un capuchón que lles tapa a cara. Algúns historiadores remontan á Idade Media como a orixe desta tradición, a penitencia tiña que ser anónima, non debía saberse quen era a persoa que a facía, e o capirote iguala a todos, xa que non se sabe se a persoa que se oculta tras a caperuza é alta ou baixa.

Unha das características máis rechamantes da Semana Santa e que sorprende aos máis pequenos son os nazarenos, especialmente dos capirotes, cuxo orixe se remonta á inquisición. Os castigados por motivos relixiosos eran obrigados a levar unha peza de tea que lles cubrise o peito e as costas, chamado sambenito, ademais dun capirote ou cucurucho de cartón en sinal de vestimenta.


Cando empezaron a utilizarse os Pasos?

Os característicos Pasos ou Tronos teñen a súa orixe na Idade Media, aínda que eran lixeiramente distintos aos actuais,  tratábase de actores que viaxaban en carros nos que interpretaban diferentes papeis ou personaxes, desde escenificar a Xesús ou María a Santos diferentes.


Por que algúns penitentes e costaleros van descalzos?

Non ocorre en todas as cidades nin en todas as procesións, pero de cando en vez é común observar a penitentes e costaleiros que van descalzos, algo que xera moitas dúbidas aos pequenos, sobre todos se "toca" unha Semana Santa fría. O motivo, de novo, é relixioso: as promesas.En moitas ocasións os crentes piden "favores" a Deus e, a cambio, prométenlles facer diferentes tipos de penitencias, como acompañar ao paso de Semana Santa descalzo, o que supón un gran esforzo.


Por que son diferentes as cores das túnicas?

Na Igrexa católica, cada cor simboliza algo, e na Semana Santa cada confraría ten o seu propio. 
Tamén se lle pode contar aos nenos o simbolismo das cores de de as túnicas, que tamén se pode aproveitar para relacionar coas cores que levan os sacerdotes nos diferentes momentos litúrxicos. 

Algunhas confrarías visten de morado, que simboliza as moraduras de Cristo tras a paixón, outras levan a capa cor azul, símbolo da Virxe María. Ademais, hai túnicas e capas vermellas, como símbolo do sangue, e outras que simbolizan a eucaristía, a dor ou a alegría da resurrección.
Así, por exemplo, as Irmandades da Virxe da Esperanza adoitan ser verdes, pois este é a cor que se identifica coa Esperanza. 
No Domingo de Resurreción a cor sempre é branco: representa a alegría, pureza, tempo de xúbilo e a paz.


Por que as mulleres van de negro?

As mulleres que nas procesións saen de negro e cunha especie de "veo" que se chama mantilla. Esta cor simboliza o loito pola paixón e morte de Xesucristo. Para iso ponse a "mantilla", que é un veo de blonda (normalmente de seda) cun peite: o adorno de gala usado polas mulleres españolas que xa vén de moi antiga tradición.


Canto pesa un paso de Semana Santa?

Os pasos de Semana Santa poden chegar a pesar preto de 2.000 quilos, aínda que o seu peso depende de moitos factores, especialmente de cantos costaleiros os leven (e, por tanto, repártanse o peso). É dicir, non necesariamente un moi grande ten por que supor máis peso para os costaleiros que o levan. Polo xeral, os de palio (os pasos da Virxe) son os que máis peso soportan, especialmente porque o manto que leva a figura adoita ser de varios quilos e varios metros de longo.


Por que se usan imaxes nas procesións?

As imaxes que portan os costaleiros son unha auténtica escenificación en imaxes da paixón, morte e resurrección.  Pódese aproveitar cada paso para explica-los rapaces estes momentos das escrituras cun pouco máis do significado, mesmo atraer a atención dos nenos coa presenza en moitas das procesións da centuria romana e a garda pretoriana, que xogaron un papel destacado no prendimiento de Cristo.

Nalgúns municipios escenifícase en escenarios naturais os últimos días da vida de Cristo, unhas  representacións teatrais na que participa todo o pobo.


QUE SE CELEBRA CADA DÍA DA SEMANA SANTA?




COMO SE CALCULA A DATA DA PASCUA?


PARA SABER MÁIS 
DA SEMANA SANTA EN GALICIA:

-Celebracións de interés turístico internacional

-Celebracións de interés turístico galego


  

Comentarios

Publicacións populares