Canto nace de Deus vence o mundo - 1 Xn 5, 1-6
Domingo 2 de Pascua - ciclo B
Xesús conta contigo, amigo;
espera que ti sexas
unha testemuña da súa resurrección.
Ninguén pode ser testemuña
do
que non viu,
do que non palpou,
do que non sentiu.
Ninguén pode ser testemuña
de
Xesús resucitado,
se non sentiu a súa paz
custodiando tódolos seus traballo
Ninguén pode ser testemuña
da vida nova de Deus,
se non deixa que a ledicia
envolva a súas horas mouras.
Ninguén pode ser testemuña
do mundo novo que nace,
se non se enche do Espírito,
se non se fai curador
e vive a solidariedade
cos que debaten a vida
na cruz da súa orfandade.
Xesús conta contigo, amigo;
déixate
tocar por el,
para que poidas logo
tocar e poñer vida
onde a vida ten afogo.
Xesús conta contigo, amigo.
Comentarios
Publicar un comentario