DOMINGO II DE PASCUA
Primeira Lectura Feit 4, 32-35
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Un só corazón e unha soa alma
A
comunidade dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma, e ninguén
consideraba coma seu o que posuía, senón que todas as cousas eran comúns.
Os
apóstolos, con gran poder, daban testemuño da resurrección do Señor Xesús, e
todos eles eran ben considerados.
Non
había entre eles ningún necesitado, porque todos os que tiñan bens ou casas
vendíanos, levaban os cartos e depositábanos aos pés dos apóstolos, que
repartían a cadaquén segundo precisaba.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 117, 2-4. 16ab-18. 22-24
R/. (1): Loade o Señor, porque é bo,
porque é para sempre a súa misericordia.
Ou:
Aleluia.
Que o diga a casa de Israel:
é para sempre a súa misericordia.
Que o diga a casa de Aharón:
é para sempre a súa misericordia.
Que o digan os que temen o Señor:
é para sempre a súa misericordia.
A destra do Señor é excelsa,
a destra do Señor fixo proezas.
Non hei morrer, vou vivir,
e pregoar os feitos do Señor.
Castigoume o Señor, castigoume,
mais non me entregou á morte.
A pedra que os canteiros desbotaron,
esa mesma, converteuse en esquinal.
Foi o Señor quen o fixo,
unha marabilla á nosa vista.
Este é o día no que o Señor actuou:
alegrémonos nel e relouquemos.
Segunda Lectura 1 Xn 5, 1-6
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Canto nace de Deus vence o mundo
Irmáns
benqueridos:
Todos
cantos cren que Xesús é o Mesías, naceron de Deus; e quen ama o que xera, ama
tamén a quen aquel xerou. Sabemos que amamos os fillos de Deus, se amamos a
Deus e cumprimos cos seus mandamentos.
Porque
o amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de Deus
non son pesados, porque nacer de Deus permítenos vencer o mundo. E esta é a
vitoria que derrota o mundo: a nosa fe.
Porque,
quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus?
O
que veu con auga e sangue, foi el, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con
auga e con sangue.
E
o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 20, 29
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Porque me viches, Tomé, tes fe, di o Señor;
ditosos os que creron sen veren.
Aleluia.
Evanxeo Xn 20, 19-31
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Pasados oito días, veu Xesús
Naquel
día, o primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os
discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
‑
Paz convosco.
Dito
isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o
Señor. El díxolles outra vez:
‑
Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E
dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
‑
Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles
perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Pero
Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou Xesús.
Dicíanlle
entón os outros discípulos:
‑
Vimos o Señor.
Pero
el contestoulles:
‑
Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo;
como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
Oito
días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou
Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
‑
Paz convosco.
Despois
díxolle a Tomé:
‑
Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu
costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
Tomé
respondeulle:
‑
Meu Señor e meu Deus!
Xesús
díxolle:
‑
Tes fe porque me viches? Benia os que creron sen veren!
Moitos
outros signos fixo Xesús diante dos seus discípulos, que non se escribiron
neste libro. Estes escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo
de Deus e, crendo, teñades vida nel.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
MIREMOS AS CHAGAS DA HUMANIDADE PORQUE AÍ
ESTÁ CRISTO
TOMADO DE:http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
ESCOITA ACTIVA
Vivimos nun mundo no que o que non entra
polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan
verdade. Todo se compra, e incluso a ledicia e a felicidade que en demasiadas
ocasións esperamos atopar no material, na acumulación de cartos. Pero mira por
onde, descoidamos o que non nos convén. Non somos capaces de descubrir que nos
que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas
chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida.
Que a celebración de hoxe nos faga
conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús en
tódolos que sofren.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
(É
aconsellable neste tempo facer o rito da aspersión á asemblea)
· Pola túa
resurrección que nos enche de vida. SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.
· Pola túa
resurrección, que fai de nós persoas novas. CRISTO, ANIMA A NOSA VIDA.
· Pola túa
resurrección, que fai comunidade coa túa presenza, SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA.
PALABRA
ENRAIZADA
· Xesús
hoxe sitúase no medio dos apóstolos, da comunidade primeira. Aparécese na
comunidade e para a comunidade e quere que dende aí, os apóstolos sexan luz,
sexan forza transformadora coa forza do espírito. O anterior pasou: o abandono,
a soidade, a traizón; o vello queda atrás e é todo novo, porque El, coa súa
resurrección, faino todo novo. El segue no medio de nós coma o que serve,
alentando, animando, chamando a atención. Só espera unha resposta axeitada, un
si xeneroso que transmita aos demais esta nova vida, esta alegría que brota de
sentirnos unidos, queridos, acompañados. Logo, estamos chamados a mostrar a
alegría, a sanación, a liberación. Porque no mundo seguen as chagas de Xesús en
tódalas persoas que sofren inxustiza, desigualdade, abandono, pobreza, fame,
maltrato. É aí onde temos que tocar para descubrilo. Onde temos que poñer vida,
alento, ilusión, esperanza, alegría; sobre todo porque estamos chamados a
transformar o mundo, a facer del unha comunidade de irmáns e irmás, que dende a
diferenza somos capaces de camiñar, traballar e sentir cun so corazón. Así nos
mostra esa primeira comunidade os Feitos dos Apóstolos. Un ideal ao que temos
que temos que ir camiñando, unha utopía que se vai construíndo día a día e non
unha quimera imposible. Deixemos atrás o noso egoísmo, o intentar acaparar por
enriba de todo, que sexa o nos testemuño a unidade, o compartir, o sentir
común, e sobre todo o compartir os bens, e tamén o tempo, os valores, as
ilusións, as esperanzas, as loitas e tamén as tristuras. Abramos o noso corazón
á forza do espírito que nos fai apóstolos da resurrección do Señor. Pidámosllo
así nesta celebración.
FRATERNIDADE
ORANTE
Señor, convócasnos este día, para que
experimentemos nas nosas vidas a forza da túa resurrección, que alenta e
vivifica a nosa vida. Con ánimos renovados dicimos con fe:
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA
LIBERACIÓN
· Pola
Igrexa, para que recibindo o don do Espírito, fomente nos seus membros, a
dimensión comunitaria da fe, o sentido crítico ante a realidade e o compromiso
a favor dun mundo máis humano, OREMOS.
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA
LIBERACIÓN
· Polas
nosas comunidades, para que sintan a presenza do Señor no medio delas e así o
mostren ao mundo, levando aos demais a forza de quen se sente renovado e
alentado polo espírito, OREMOS.
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA
LIBERACIÓN
· Por todos
nós, que experimentamos nas nosas vidas a forza da resurrección, para que
descubramos ao Señor nas chagas do noso mundo: os emigrantes, os parados, os
anciáns, os enfermos crónicos, os transeúntes... e busquemos solucións dignas e
xustas. OREMOS.
QUE SINTAMOS NA NOSA VIDA A TÚA
LIBERACIÓN
Grazas, Señor, porque segues a
transformar a nosa vida coa túa resurrección. Fai de nós persoas entregadas aos
demais. PXNS.
ESCOITA ACTIVA
Ti e eu
Só Ti
podes dar a fe,
pero eu
podo dar o meu testemuño.
Só Ti
podes dar a esperanza,
pero eu
podo devolverlle a confianza aos meus irmáns.
Só Ti
podes dar o amor,
pero eu
podo ensinarlle aos outros a amar.
Só Ti
podes dar a paz,
pero eu
podo salvar a unión.
Só Ti
podes dar a forza,
pero eu
podo levantar ao desanimado.
Só Ti es
o camiño,
pero eu
podo ensinarllo aos outros.
Só Ti es
a vida,
pero eu
podo devolver aos outros o desexo de vivir.
Só Ti
podes facer o imposible,
pero eu
podo facer o posible.
Só Ti non
necesitas a ninguén,
pero
prefires contar comigo.
CANTO GOZOSO
Lecturas:
Ofertorio:
Comuñón:
POWER POINTS
Domingo 2 Pascua B
Credo para a Pascua
Comentarios
Publicar un comentario