Un só corazón e unha soa alma - Feit 4, 32-35
Domingo 2 de Pascua - ciclo B
PARA TER MÁIS E
MELLOR FE
Xesús resucitado,
que pasaches pola dúbida e pola busca,
polo sufrimento e a amargura,
que onda ti medre a nosa fe.
Xesús resucitado,
que nos ves pobres e encollidos,
medosos e retraídos,
que onda ti medre a nosa fe.
Xesús resucitado,
fainos partícipes
da túa humildade para crer,
que onda ti medre a nosa fe.
Xesús resucitado,
fainos avanzar nunha fe limpa
que nos libere, alegre e entusiasme;
que onda ti medre a nosa fe.
Xesús resucitado,
fainos avanzar tamén nunha fe entregada
ao traballo polos dereitos dos débiles;
que onda ti medre a nosa fe.
Xesús resucitado,
que termaches da fe de tantos crentes;
que onda ti medre hoxe a nosa fe.
Comentarios
Publicar un comentario