28 velas máis...
No nome do Pai
Os testemuños que coñecemos en países onde a fe está perseguida pon ante os nosos ollos,
de forma nítida, o testemuño case heroico (e ás veces heroico até o martirio), daqueles que coa
súa vida fan presente a Xesús en sociedades hostís. Son vidas sen medo a proclamar un "creo
en Deus" rotundo, sen reviravoltas, sen ter en conta as consecuencias. Aquí, mesmo na nosa vida cotiá, tendemos a medir demasiado as consecuencias dos nosos actos, das nosas
palabras, mesmo das nosas omisións. Se os nosos fillos non puidesen estudar porque somos
católicos, proclamariamos abertamente a nosa fe? Se tivesemos dificultades para acceder a un
emprego público, iriamos a misa todos os domingos? Se nos racionaran os alimentos por seguir a Xesús, pasariamos fame por iso? (...) A pesar diso, eles queren seguir vivindo a súa fe alí...
Javier Fariñas.
Mt 10, 24 - 32
24Non é o discípulo máis có seu
Mestre, nin o servo máis có seu Señor. 25Abóndalle ó discípulo chegar a ser
coma o seu Mestre; e ó servo coma o seu Señor. Se ó dono da casa o alcumaron
Belcebul, ¡canto máis ós da súa casa!
26Pero non lles teñades medo, que
non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo, nin cousa oculta que non
se acabe sabendo. 27O que vos digo na escuridade faládeo á plena luz; e o que
oídes ás agachadas pregoádeo desde as azoteas.
28Non lles teñades medo ós que
matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode
arruinar o corpo e a alma no inferno. 29¿Non se venden un par de pardais por
catro patacos? E non cae o primeiro no chan sen o consentimento do voso Pai.
30Pois vós, mesmo tedes contados
os pelos todos da cabeza. 31Así que non teñades medo, que vós valedes máis ca todos
os pardais xuntos.
32Todo o que volva por min diante
dos homes tamén eu hei volver por el diante de meu Pai celestial.
Comentarios
Publicar un comentario