El é propiciación polos nosos pecados e polos de todo o mundo-1 Xn 2, 1-5a
Domingo 3 de Pascua - ciclo B
DE
NORTE A SUR
De norte a sur, que cante a terra toda,
cheíña como está da luz de vida;
que sexa Xesús Cristo quen a envolva,
quen a libre das tebras que a cubrían.
Neste día, que é día de vitorias
celebramos
con ánimo gozoso
o triunfo de Xesús sobre da morte,
o triunfo do amor máis xeneroso.
Neste día, que é día de vitorias,
arroupados
con tanto gozo e festa,
xubilosos
traemos á memoria
os triunfos todos que encheron esta terra:
Todas as veces que a xente encadeada,
coas cadeas da ignorancia ou da pobreza,
da opresión ou da mentira, foi librada
e atopou o seu porvir mellor certeza.
Que grande este día, meus amigos,
canto
nos quere o noso Deus bendito!
O mal é moito, pero foi vencido,
coa forza de Xesús irmán querido.
Este día é contrario aos poderosos,
aos que abusan da xente con descaro,
aos que fan o seu poder tan perigoso
que moitos viven en grande desamparo.
Grazas, Pai, por este día santo,
co que ten de triunfo xa logrado.
Grazas, Pai, por ser a forza tanta
que a novos triunfos quedamos convocados.
Comentarios
Publicar un comentario