San Roque



   Como boa viguesa de nacemento, lembro as romarías de S.Roque e escoito historia da romaría máis popular da miña terra, vellas fotos, familias enteiras, lembranzas e vivencias que todavía conservamos os vigueses a pesares do paso do tempo. S. Roque no corazón.

San Roque naceu en Montpellier na metade do século XIV nunha familia de clase media, os seus pais tivérono xa de maiores e segundo conta a historia, o neno naceu cunha marca de nacemento en forma de cruz polo que a súa familia considerou o seu nacemento como un sinal do ceo.

Sendo novo perdeu ós seus pais, adicou todo o que tiña ós pobres, a súa dedicación e esforzo polos enfermos fixérono famoso logrando curacións inexplicables. Físoxe da Orde Franciscana e chegou ata Roma onde atendeu ós enfermos abandonados e sen recursos, alí atendeu a un cardenal que lle presentou ó mesmo Papa. Pasados uns anos volveu preto da súa terra, e na cidade de Piacenza el mesmo quedou infectado pola peste e retirouse a un bosque para non contaxiar a ninguén, recibindo como única visita a un can que lle levaba comida tódolos días e que lle lambía as feridas, co que aparece en tódalas imaxes do santo. Este can pertencía a un home rico que tivera mala vida, cando coñeceu ó santo, levouno a súa casa, coidouno e convertiuse.

Cando quedou recuperado da peste, S.Roque volveu a marchar coa intención de continuar atendendo ós enfermos, pero foi confundido cun espía e metérono no cárcere onde morrería anos despois. O seu corpo foi recoñecido por uns familiares pola marca de nacemento.

DEBUXO: elrincondelasmelli.blogspot.com

Se algo sempre me chamou a atención da iconografía de S.Roque, eran as roupas de peregrino que nós sempre identificamos coa peregrinación a Santiago, pero como nada disto din na súa historia, penso que se refiren á súa peregrinaxe a Roma. Supoño que alguén máis tamén lle chamaría a atención.


ORACIÓN A SAN ROQUE

Glorioso San Roque, rogade por nós
que, polos nosos pecados,
non nos atrevemos a presentarnos diante de Deus.
Noso Pai, Avemaría e Gloria.

Roque santo, rogade por nós a Deus,
que é Pai de misericordia,
agora que gozades da súa vista na gloria celestial.
Noso Pai, Avemaría e Gloria.

San Roque glorioso,
presentade nosas humildes súplicas,
uníndoas ás da Inmaculada Virxe María
e ás de todos os Santos Franciscanos,
para que sexamos oídos
e podamos dar a todos as grazas no nome de Xesús.
Noso Pai, Avemaría e Gloria.

A cruz santa + sele nosa fronte.
A cruz, santa + sele a nosa boca.
A cruz santa + sele o noso corazón.





NOTA FINAL: 
En Betanzos, San Roque é festa grande, no seu día lánzase un globo de papel, o máis grande do mundo, na súa honra, que é elaborado artesanalmente polos veciños do pobo. O globo está decorado con viñetas que tratan sobre os acontecementos máis significativos do ano. Merece a pena o espectáculo e a festa, se podedes non a perdades.

Comentarios

Publicacións populares