Gustade e vede que bo é o Señor - Salmo 33

Domingo 19 - ciclo B



TREBOADAS DE VERÁN

Con tanta protección, con tanta garantía,
Con tanta defensa, con tanta muralla,
con tanto seguro, con tanto capricho ...
non estamos afeitos a loitar no mar da vida.

Calquera imprevisto, aínda o máis pequeno:
a incerteza ante o futuro, o presentimento dun cambio,
o medo ao descoñecido, unha dor fortuíta,
a presenza de estranxeiros, a sospeita de nada en concreto ...
paralízanos e prodúcenos receo.

Por que tedes medo, persoas de pouca fe?
Só é unha treboada de verán.
Un mariñeiro medra na forte mareira,
mentres terra dentro hai quen afoga nun vaso de auga.
As chuvieiras só duran horas, nunca semanas.

E despois do temporal chega a calma.
Pode que chova moito e con forza,
ás veces é necesario para arrincar
as nosas costras e as nosas teas de araña.
Pero non teñades medo ....
Só é unha treboada de verán.  


Comentarios

Publicacións populares