SAN PAIO - Ano xubilar
Supoño que non todos o saberedes pero este ano é o ano xubilar de San Paio... ou San Pelaio, como queirades. Como é un dos poucos santos da nosa diócese de Tui-Vigo, decidín pensar en algo para colaborar nestas datas especiais e pedín axuda ós meus amigos de http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/ que me fixeron un debuxo precioso que quero compartir con vós.
Tivemos dúbidas pola iconografía, xa que S.Paio é do século X e está vestido coma no século XVII, supoñemos que será porque nesa data se fixeron a maioría das súas imaxes e foi cando se popularizou; finalmente eliximos a roupa do XVII porque é tal como o teñen na súa parroquia de Albeos. Tampouco leva o coitelo na gorxa porque é un debuxo para nenos, espero que vos guste tanto coma min.
Atrevinme a facer un canto para que os nenos da catequese saiban da súa vida, como o primeiro que se me viu a cabeza foi o de Vexo Vigo, vexo Cangas... (polo da ponte de S. Paio) quedou a cousa así, máis ou menos (o que está en cursiva é para elixir).
FICHA PARA CATEQUESE:
PARA SABER MÁIS:
http://www.diocesetuivigo.org/informacion/indulxenciasxubilar.html
http://gl.wikipedia.org/wiki/San_Paio
http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/01/15/albeos-abre-jubileo-o-neno/614566.html
Tivemos dúbidas pola iconografía, xa que S.Paio é do século X e está vestido coma no século XVII, supoñemos que será porque nesa data se fixeron a maioría das súas imaxes e foi cando se popularizou; finalmente eliximos a roupa do XVII porque é tal como o teñen na súa parroquia de Albeos. Tampouco leva o coitelo na gorxa porque é un debuxo para nenos, espero que vos guste tanto coma min.
CANTIGA
DE SAN PAIO
(26 de xuño)
Vexo Vigo, vexo Cangas,
tamén vexo Redondela
(2)
vexo a ponte de
San Paio,
camiño da nosa terra.
(2)
Era Pelaio/S.Paio un bo mozo
un rapaz intelixente, (2)
dos nenos o máis valente
dos cristiáns o mellor crente. (2)
Viviu no século X,
cos mouros en plena guerra, (2)
daquela inda non tiñamos
catedral en Compostela. (2)
Naceu en Crecente o neno/Neno*,
na parroquia de Albeos, (2)
era sobriño dun bispo
preso polos sarracenos. (2)
Hasta Córdoba os levaron
pero soltaron ó crego, (2)
a cambio dun gran rescate
S.Paio/Pelaio alí quedou preso.
(2)
Ensinou a Xesucristo
ante os mouros que o prenderon, (2)
por iso perdeu a vida,
non puideron defendelo. (2)
Chegou mártir ós altares
por causa da fe no Credo, (2)
nós queremos recordalo
por cristián de sentimento.(2)
/ ó noso patrón de certo.
*O Neno é como lle chaman na súa parroquia
FICHA PARA CATEQUESE:
PARA SABER MÁIS:
http://www.diocesetuivigo.org/informacion/indulxenciasxubilar.html
http://gl.wikipedia.org/wiki/San_Paio
http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/01/15/albeos-abre-jubileo-o-neno/614566.html
Comentarios
Publicar un comentario