O Señor deulles pan do ceo - Salmo 77
Domingo 18 Ordinario - ciclo B
COMPARTIR
Aínda que naquela ocasión
o panciño veu do ceo,
o panciño veu do ceo,
non contemos con comer
de moca o panciño a reo.
Non esperemos o pan
sen facer a sementeira,
sen a sega
e o traballo
que leva os monllos á eira.
Os cinco bolos de pan
e aquel cestiño de peixes
falan de
compartir:
que do teu aos outros deixes.
Que o pouco, aínda que pouco, chega,
cando a xente o fai chegar:
repartindo coma irmáns
os bens que a todos Deus dá.
Así, non e de razón
que neste mundo vivamos
algúns con cartos e pan
algúns con cartos e pan
e outros sen pan nin cartos.
Postos a compartir
e a facer fraternidade,
todos terían traballo
todos terían traballo
e pan, sen virlles de balde.
Pero quen ten vida a feixes
cobiza
ter aínda máis,
e esquécese de compensar
a miseria
dos demais.
Nós, coma bos discípulos
de Xesús, o noso mestre,
de Xesús, o noso mestre,
debemos
facer que o pan
nas mans a todos lles medre.
E non chegan caridades,
axudiñas
ou esmolas;
para facer que isto cambie,
cómpre facer leis
novas.
Comentarios
Publicar un comentario