Domingo 19 de Ordinario - ciclo B
PRIMEIRA
1 Re 19, 4-8
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS
Coa
forza daquel pan puido chegar ata o monte de Deus
4Elías
seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo
dunha xesta, e pediu a
morte,
dicindo: -"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu
máis cós meus pais".
5Deitouse
á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e díxolle: -"Érguete
e come".
6Mirou
Elías e viu á súa cabeceira unha bica cocida no rescaldo e un
xerro de auga. Comeu
e
bebeu daquilo e volveuse deitar.
7Tornou
de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle: -"Érguete
e come, que che
queda
moito camiño". 8Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza
daquel sustento, andou
corenta
días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.
SALMO
RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 4-5. 6-7. 8-9
R/
(9a): Gustade e vede que bo é o Señor
2Eu
bendigo ó Señor en todo instante,
teño
sempre na boca a súa louvanza;
3gloríome
no Señor,
e
os humildes alégranse, ó escoitalo.
4Exaltade
comigo ó Señor,
louvemos
xuntos o seu nome.
5Eu
busco ó Señor, e El responde,
líbrame
de tódolos temores.
6Ollade
para El e refulxide,
non
poñades caras murchas.
7O
Señor escoita ó pobre que o chama
e
líbrao de tódolos apretos.
8O
anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis
e
dálles seguridade.
9Gustade
e vede que bo é o Señor:
feliz
quen a El se acolle.
SEGUNDA
Ef 4, 30 - 5, 2
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS EFESIOS
Camiñade
no amor, igual ca Cristo
Irmáns
e irmás:
30Non
aflixades ó Santo Espírito de Deus, que vos selou para o día da
redención.
31Arredade
de vós toda retranca, carraxe, ira, berros ou aldraxes e calquera
outra maldade;
32máis
ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos
mutuamente,
coma
Deus vos perdoou en Cristo.
5
1Facédevos, logo, imitadores de Deus, coma fillos queridos, 2e
camiñade no amor, igual
ca
Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda e
víctima a Deus de
recendo
agradable.
ALELUIA
Xn 6, 51:
Eu
son o pan vivo que baixou do ceo, di o Señor;
quen
coma deste pan vivirá para sempre
EVANXEO
Xn 6, 41-51
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Eu
son o pan vivo que baixou do ceo
41Os
xudeus comezaron a murmurar de Xesús, porque dixera "Eu son o
pan que baixou do
ceo",
42e dicían:
-¿Non
é este Xesús, o fillo de Xosé? ¿Non lle coñecémo-lo pai e maila
nai? ¿Como di,
logo
"Eu baixei do ceo"?
43Xesús
respondeulles:
-Non
esteades aí a murmurar. 44Nin-guén pode vir onda min se non o trae
o Pai que me
mandou,
e eu resucitareino no derradeiro día. 45Está escrito nos Profetas:
todos serán
ensinados
por Deus: todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.
46Non porque
alguén
vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que estaba onda Deus. 47Con
toda verdade
volo
aseguro: quen cre, ten vida eterna.
48Eu
son o pan da vida. 49Os vosos pais comeron o maná no deserto, pero
morreron.
50Este
é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del non morra. 51Eu son
o pan vivo que
baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o
pan que eu darei, é a miña
carne, para a vida do mundo.
CANDO
A DESESPERANZA E O DESÁNIMO AGROMAN NAS NOSAS VIDAS, DEUS SEMPRE
APARECE COMA RAIOLA QUE MOSTRA CAMIÑOS DE LUZ
PÓRTICO
Tamén a nós hoxe, o mesmo que no
pasado ao profeta Elías, vennos a tentación de deixalo todo, de
cortar polo san e desaparecer. Elías, cando todo se lle viña abaixo
e o desánimo era tan grande que non vía outro camiño, non era
capaz de descubrir unha razón para seguir vivindo, para comezar de
novo, para non deixarse ir e virse abaixo totalmente, pois non había
porta que atopara aberta. A súa desesperación era moita e as súas
forzas xa deran todo de si.
Nesta situación sente a presenza de
Deus nel para acompañalo desde a dureza da situación pola que
estaba a pasar, e o que parecía que estaba abocado ao final, acaba
emerxendo como estímulo e alento en forma de auga e alimento. O
mesmo que fixo con Elías, tamén para nós, nestes momentos de
dificultade, Deus preséntasenos na nosa vida en forma de axuda,
compañía e alento. Diante da demagoxia e das mentiras dos que teñen
poder, cartos e capacidade de goberno, e son incapaces de renunciar a
nada poñéndolle cangas moi pesadas sobre os ombreiros dos demais,
Deus preséntasenos en forma da solidariedade dun veciño, o
compartir dun amigo e a compaña daquela persoa que nunca dixo unha
palabra máis alta ca outra, pero sempre estivo disposta, sen que os
demais o souberan, a estar ao lado de quen puidera necesitala.
Tamén a nós nos queda moito camiño,
e só o podermos facer na achega e na fraternidade. Desde esta
invitación que nos fai hoxe a Palabra de Deus, comecemos a
celebración.
O
PERDÓN
ð Señor, que nas dificultades e
problemas, non nos deixemos levar da desesperanza, SEÑOR, QUE
DEIXEMOS AGROMAR EN NÓS A MISERICORDIA.
ð Cristo, que aprendamos a facer as
cousas con paciencia e constancia, CRISTO, QUE DEIXEMOS AGROMAR EN
NÓS A MISERICORDIA.
ð Señor, que deixemos que o teu pan
de fraternidade sexa o alimento no noso camiño, SEÑOR, QUE DEIXEMOS
AGROMAR EN NÓS A MISERICORDIA.
REMUÍÑO
Moitas persoas non acaban de aprender a
quererse e aceptarse como son, o que as leva a vivir nunha continua
autoestima baixa, sentíndose distintas: os patiños feos da súa
contorna, coma se o seu ser persoas estivera a expensas do que fan os
demais. E se non nos queremos a nós mesmos e non somos capaces de
aceptarnos como somos, viviremos sempre nunha continua angustia e
desespero. Algo así lle ocorría ao profeta Elías: tampouco
confiaba nel e non era capaz de remontar a situación na que vivía,
por iso desexa morrer: “quítame a vida, pois non vallo...”. Que
expresión tan forte e dura. Que mal ten que atoparse unha persoa
para que chegue a esa situación. Pero diante disto aparecen o
sentido e a forza da fe. Cando dicimos que a fe non adormece
conciencias, senón que as esperta e alenta, queremos dicir e
destacar a importancia que ten na vida de quen quere vivir desde o
que ela lle aporta e ofrece. Elías tamén acaba dándose conta desta
situación, e atopa forza para superar o que poderiamos chamar a súa
situación de depresión e desesperanza, do seu non quererse nin
recoñecer o moito de bo que el, coma calquera de nós, ten e pode
ofrecer aos demais. A vida como don recibido é unha invitación a
responder a este don dándolle sentido e loitando para devolverlle a
Deus canto puxo en nós sabendo aproveitala. É aquilo de poñer a
render os talentos recibidos. Como lle di a Elías –senso figurado–
tamén a nós nos di que temos que poñela a render porque sempre
queda moito camiño, un camiño no que ao final non nos atoparemos
coa nada e o sensentido, senón con Deus. Do mesmo xeito que en
tempos difíciles Elías soubo dar un xiro ao seu desespero, tamén
nós estamos chamados a facer o mesmo. A fe non é proclama dunha
teoría abstracta na que nos deixamos manipular, senón presenza viva
de sentido e salvación que nos converte en amigos de Deus.
Neste non deixarnos levar polo
desespero, aparece como presenza de Deus a forza do Espírito que nos
acompaña e alenta en toda situación. É verdade que moitas veces
somos xordos e cegos para escoitalo e velo, pero El está, tal e como
nos di Paulo na carta aos Efesios. O seu estar é todo un cambio de
rumbo do noso xeito de facer as cousas; un cambio que supón cambiar
carraxe -que difícil tantas veces!!-, en bondade, ou os berros e
aldraxes en misericordia. Aquí é onde se nos mostra a frescura da
fe e a súa forza para que a nosa vida non camiñe ao túnel escuro
do sensentido, do non sei, non vallo ou non podo. Namentres nos quede
capacidade de respirar, segue habendo unha posibilidade de cambiar as
cousas e non deixarnos levar polas situacións que outr@s nos teñen
marcado. Coma persoas libres afrontamos a realidade con decisión e
capacidade de superación. A referencia témola en Cristo, e o camiño
non pode ser outro máis có do amor. Nel está o verdadeiro recendo
da vida.
A Eucaristía, “fonte e cumio“ da
vida do crente, convértese no pan que vai alimentando este esforzo
cotián por non deixar que outros nos leven: persoas, situacións
circunstancias..., á vez que se presenta como alimento sen
caducidade que fai fronte á tentación do abandono, de deixalo todo,
de recuar. Nunha palabra, é o mellor antídoto contra o medo. Nela
xuntámonos, escoitamos a Palabra, compartimos oración, sentímonos
comunidade, e todo isto remite ao alimento no que se converte cando a
recibimos para que Deus se faga carne da nosa carne e un dos nosos. É
o gran que se fai presenza e entrega que esperta ao traballo de non
calar diante da mentira, de denunciar o engano e non deixarse levar
nin polo derrotismo nin polos camiños que outros, aproveitándose da
nosa situación de debilidade, nos queren marcar para aproveitarse de
nós. Pan vivo e alimento fresco que non cede á tentación da
murmuración e crítica, senón que pasando por riba desta tentación
convértese en referencia de encontro e fraternidade; impulso
indignado contra calquera intento de utilización e engano do ser
humano.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
Uníndonos na oración, sentimos que
somos capaces de superar medos e desesperacións. Respondendo á
invitación que nos fai Xesús de querer ser alimento para a vida,
dicimos xunt@s:
QUE O MEDO NON ATENACE A NOSA LIBERDADE
- Pola Igrexa, para sexa no medio do
mundo testemuño de verdade e denuncia de canto faga que as persoas
non sexan tratadas con dignidade e respecto, OREMOS.
QUE O MEDO NON ATENACE A NOSA LIBERDADE
- Para que entre nós, os que
formamos parte das comunidades cristiás, esteamos sempre pendentes
dos demais, non deixando que aniñe neles a tentación da tristura, a
desesperación e a desconfianza, OREMOS.
QUE O MEDO NON ATENACE A NOSA LIBERDADE
- Para que cada un de nós, alí onde
desenvolva o seu traballo, se esforce por facer da súa presenza
imaxe viva da mensaxe de Xesús, non permitindo que ninguén sexa
tratado coma cousa ou utilizado como moeda para cambiar polo interese
duns poucos, OREMOS.
QUE O MEDO NON ATENACE A NOSA LIBERDADE
Señor, que esta nosa oración comunitaria nos dea pulo para afrontar con forza, e sen virnos abaixo, os retos e situacións, non sempre fáciles, que a vida nos vai presentando a nós ou aos nosos. P.X.N.S. Amén.
PARA
A REFLEXIÓN
Pan do ceo, pan da vida no que Cristo
está presente.
O que come deste pan vivirá
eternamente.
1- Que se acheguen os famentos de
verdade e de xustiza,
e atoparán a fartura na mesa da
Eucaristía.
2- Os que sentides a sede dos sedentos
de auga viva,
vinde beber xubilosos na fonte da
Eucaristía.
3- O banquete do Señor é unha mesa de
irmandade,
vinde vestidos de festa cantándolle á
liberdade.
4- Achegádevos a Min os anguriados da
vida,
serei o voso agarimo e enchereivos de
ledicia.
5- O que coma do meu Pan vivirá
eternamente;
o que beba do meu sangue ha ser sempre
inmorrente.
6- Xa non vos chamarei servos, heivos
de chamar amigos,
gardando as miñas palabras seredes os
meus testigos.
7- Vós sodes o sal da terra, vós
sodes a luz do mundo.
Permanecede comigo para dar froito
dabondo. Amén.
CANTOS
ENTRADA:
Con ledicia imos todos ao altar
Con ledicia imos todos ao altar
LECTURAS:
Ti es o pan do ceo
Ti es o pan do ceo
OFERTORIO:
Na nosa terra
Na nosa terra
COMUÑÓN:
Acharte presente
Acharte presente
POWER
POINTS
Comentarios
Publicar un comentario