Quen veña comigo non terá fame e quen crea en min non terá sede - Xn 6, 24-35
Domingo 18 Ordinario - ciclo B
ANDAR CANDA TI
Xesús somos peregrinos contigo,
tras de ti, tralas túas palabras
e a túa maneira de vivir,
senón co corpo si coa idea e o desexo.
Xesús, somos beneficiados
pola fondura agarimosa do teu corazón,
tamén nós que dalgún xeito
estamos mancados na vida.
Xesús, contigo aprendemos
a ollar á xente con tenrura,
solidarizándonos cos seus gozos e
tristuras.
Xesús, acollemos o teu mandato
de atender á xente cos medios
e posibles que dispoñemos,
sen deixar para outros
o liberador exercicio do amor.
Xesús, onda ti aprendemos
a valorar o pouco que temos, e
enchémolo
do multiplicador espírito do
compartir.
Xesús, na túa compaña comemos e
bebemos,
facemos familia e comunidade,
bendicimos a Deus e fartamos á xente.
Xesús, cantas cousas boas aprendemos
cabo de ti!
que satisfacción máis grande é andar
canda ti na vida!
Comentarios
Publicar un comentario