16 dic. 2011

Velaí que vas concebir no teu ventre e dar a luz un fillo - Lc 1, 26-38

Domingo 4 de Advento - ciclo B


VÉN, VÉN O SEÑOR

“O Señor vén con bendicións e recompensas.
O Señor preséntase con misericordia e tenrura.
E chega xa.
Preparémonos á súa vinda.
O Señor chega con forza”.

Non oístes os seus pasos silenciosos?
El vén, vén, vén sempre.
En cada instante e en cada idade,
todos os días e todas as noites,

El vén, vén, vén sempre.

Cantei moitas cancións e de mil xeitos;
pero sempre dicían as súas notas:
El vén, vén, vén sempre.

Nos días diáfanos do asollado abril,
pola verea do bosque,
El vén, vén, vén sempre.

Na escura angustia chuviosa das noites do outono,
sobre o carro atronador das nubes,
El vén, vén, vén sempre.

De pena en pena miña,
son os seus pasos os que oprimen o meu corazón,
e o dourado rozamento dos seus pés
é o que fai brillar a miña alegría porque
El vén, vén, vén sempre.
        
    R. Tagore

No hay comentarios:

Publicar un comentario