Oracións de Advento
A COROA DE ADVENTO
1º Domingo de Advento
Acendemos, Señor, esta luz
neste primeiro domingo de Advento,
para manternos espertos e en pé,
como sentinelas espelidos,
o Futuro glorioso que nos agarda,
a espertar a nosa débil e adormecida esperanza.
Espértanos, Señor,
para avistar aos desesperados da vida,
para poder ver os que só esperan
cousas menores que eles mesmos,
para entrever os que non teñen
ou perderon a ilusión en Ti
para divisar os que teñen o seu futuro
cargado de dúbidas e increnza ...
Señor, para que na nosa contorna
sexamos testemuñas claras da túa luz
e motivos cribles de esperanza,
2º Domingo de Advento
Desexamos, Señor,
con esta segunda luz que acendemos,
que intensifiques o resplandor do teu rostro
para os que viven en tebras
e en sombras de morte.
Que a Luz da túa presenza,
alumada nas nosas vidas,
nos faga percibir as nosas orgullosas altiveces
e os nosos abismos de pecado
Equilibra e achanda as nosas vidas, Señor,
e fainos camiños de acceso cara a Ti
para os homes en desterro,
afastados de Ti e dos irmáns.
Señor, para que sexamos contigo
luz atraínte e sedutora,
Marana tha,ven Señor Xesús!
3º Domingo de Advento
Acendemos, Señor, esta terceira luz
máis próximos xa á noite boa da Luz Maior.
Queremos dar testemuño da túa Luz, Señor,
como fixo Xoán o Bautista,
Non somos nós a Luz, pero si as testemuñas
da Luz verdadeira vinda a este mundo
Desexamos, Señor,
con esta terceira luz que acendemos,
que o lume do teu Espírito
acenda os nosos corazóns
e os converta en luminarias para os demais.
Dános un corazón que vexa
as necesidades do noso próximo
para compartir con el o mellor que somos e temos.
Queima na túa fogueira, Señor,
toda a palla das nosas vidas
e reúne os nosos grans en pan comunitario
para renacer en Belén, a Casa do Pan.
Para que Te revelemos
como boa e gozosa Nova para os homes,
tan necesitados de recoñecerse como fillos de Deus
no Berce comunitario de Belén,
Marana tha,ven Señor Xesús!
4º Domingo de Advento
Acendemos, Señor, esta cuarta luz,
redobrando o noso desexo de chegar,
limpos e irreprochables,
ao teu gran Día sen ocaso.
Oh Deus, restáuranos;
que brille o teu rostro e nos salve.
Necesitámoste, Cristo, a Ti,
Luz Viva e Verdadeira,
para aclarar e iluminar os camiños
que nos conducen a Ti,
Camiño dos camiños humanos.
Acéndenos ti, Señor,
as nosas candeas que te esperan,
cargadas do aceite das nosas mellores obras.
Que Te alumemos, como María,
Aurora do Sol nacente,
nas nosas palabras e obras
para luz do mundo e dos irmáns.
Para que así sexa, Luz de Luz,
Deus verdadeiro de Deus verdadeiro,
Marana tha,ven Señor Xesús!
que fermosura de traballo jeje
ResponderEliminar