ANINOVO

Aquí tedes a ligazón dos power points de Aninovo, por si os necesitades:


Oración de fin e comezo de ano
Desexos de aninovo
Bendición de aninovo


FIN DE ANO

Que duros se fan os camiños vellos,
Señor da eternidade!
Como custa andar con ilusión fresca
polas fondas corredoiras de sempre!

Remátase o ano
e moitos soños morren con el;
vanse finando os días
e cada un leva ó lombo un bo anaco de nós.

Ou Señor das canas partidas
e das lapiñas que esmorecen!
Ou Señor das esperanzas rotas
e dos solpores e devalos!
Ou Señor das noites escuras
das travesías sen carreiros!

Ti séguesnos dicindo
que mañá é día grande,
que ti non es vello,
que tes para nos dar
moito máis do que nos deixas dado.

Que non nos falte, logo, neste ano,
nin o pan nin a paz,
nin a forza para buscalos,
para nós e para os máis.
Que solezan os pobres
e que os poderosos recúen na terra.

Ou Señor de todas as boas venturas!
Seremos capaces contigo
de facer para nós venturoso
o ano que entra?

Comentarios

Publicacións populares