CONTO DE NADAL
CONTO DE NADAL
(Frei Betto, A Comunidade de fe. Catecismo popular, Sao Paúlo, 1989, pp 50-52)
Era a noite de Nadal.
Un anxo apareceuse a unha familia rica e díxolle á dona da casa:
Un anxo apareceuse a unha familia rica e díxolle á dona da casa:
- Tráioche unha boa noticia: esta noite o Señor Xesús virá visitarte á túa casa.
A señora quedou entusiasmada:
Nunca crera posible que na súa casa sucedese este milagre.
Tratou de preparar unha cea excelente para recibir a Xesús.
Encargou pitos, conservas e viño importados.
De súpeto soou o timbre. Era unha muller mal vestida, de rostro sufrido,
co ventre inchado por un embarazo moi adiantado.
- Señora, non tería algún traballo para darme? Estou embarazada e teño moita necesidade do traballo.
-Pero esta é hora de molestar? Volva outro día, respondeu a dona da casa. Agora estou ocupada coa cea para unha importante visita.
Pouco despois, un home, suxo de graxa, chamou á porta.
- Señora, o meu camión arruinouse aquí na esquina. Por casualidade non tería vostede unha caixa de ferramentas que me poida prestar?
A señora, ocupada como estaba a limpar os vasos de cristal
e os pratos de porcelana, irritouse moito:
- Vostede pensa que a miña casa é un taller mecánico? Onde se viu importunar á xente así?. Por favor, non ensucie a miña entrada con eses pés inmundos.
A anfitrioa seguiu preparando a cea: abriu latas de caviar, puxo champaña no refrixerador, escolleu da adega os mellores viños, preparou uns coctelitos.
Mentres tanto alguén fóra bateu as palmas.
Será que agora chega Xesús, - pensou ela emocionada e co corazón acelerado foi a abrir a porta-. Pero non era Xesús. Era un neno harapiento da rúa.
- Señora, deme un prato de comida.
-Como che vou a dar comida se aínda non ceamos? Volve mañá, porque esta noite estou moi atarefada.
Ao final, a cea estaba xa lista. Toda a familia emocionada esperaba a ilustre visita.
Con todo, pasaban as horas e Xesús non parecía. Cansos de esperar empezaron a tomar os coctelitos, que ao pouco tempo comezaron a facer efecto nos estómagos baleiros e o soño fixo esquecer os pitos e os pratos preparados.
Á mañá seguinte, ao espertar, a señora atopouse ,
con gran espanto fronte a un anxo.
- Un anxo pode mentir? -gritou ela. Prepareino todo con esmero, agardei toda a noite e Xesús non apareceu. Por que me fixo esta broma?
- Non fun eu quen mentín, foi vostede a que non tivo ollos para ver, -dixo anxo. Xesús estivo aquí tres veces, na persoa da muller embarazada, na persoa do camioneiro e no neno famento. Pero vostede non foi capaz de recoñecelo e de acollelo.
Comentarios
Publicar un comentario