Preparade o camiño do Señor
Domingo 2 de Advento - ciclo B
Advento – Tempo de Esperanza
A esperanza cristiá non é unha estratexia para que suceda o que se desexa.
A esperanza cristiá é certeza confiada e fundada en promesa divina.
A esperanza cristiá non é a reacción de quen, decepcionado de todo, aposta por unha última posibilidade.
A esperanza cristiá é a actitude crente de quen sabe que todo se realiza como profecía do Reino de Deus.
A esperanza cristiá non é a resposta simplista de quen agarda pasivamente a que lle ocorra algo favorable.
A esperanza cristiá é virtude que se fortalece co exercicio do don da fe.
A esperanza cristiá non é evasión do presente.
A esperanza cristiá invita a vivir cada momento con amor.
A esperanza cristiá non se funda en hipóteses imaxinarias.
A esperanza cristiá afunde as súas raíces na fidelidade da Palabra de Deus.
A esperanza cristiá non existe por algo que sucederá.
A esperanza cristiá celebra o que xa sucedeu, e desde a memoria sacra, vive o tempo como promesa de luz.
A esperanza cristiá non é unha forma de pensar optimista nin se debe á euforia do carácter.
A esperanza cristiá espera contra toda esperanza o encontro definitivo con quen é a revelación plena do amor de Deus.
A esperanza cristiá non é fatalista.
A esperanza cristiá gózase constantemente no que vén da Providencia divina.
A esperanza cristiá non é un consolo barato para tempos de crises.
A esperanza cristiá é resposta comprometida na adversidade.
A esperanza cristiá non se vive a forza de brazos.
A esperanza cristiá é don do Espírito Santo.
O Advento é tempo de esperanza.
O Advento é tempo de alegría.
O Advento é prenda das promesas da Salvación.
Comentarios
Publicar un comentario