Na creación do mundo

Di unha antiga lenda que, cando Deus estaba a crear o mundo, achegáronselle catro anxos, e un deles preguntoulle:
- Que estás a facer?

O segundo preguntoulle:
- Por que o fas?

O terceiro:
- Podo axudarche?

E o cuarto:
- Canto vale todo isto?

O primeiro era un científico, o segundo un filósofo, o terceiro un altruísta, o cuarto un axente inmobiliario.

Un quinto anxo dedicábase a observar e a aplaudir con entusiasmo. Era un místico.


Antohny de Mello.
A oración da ra. 2

Comentarios

Publicacións populares