Acción desinteresada (conto)
- O que máis me deprime é a absoluta vulgaridade da miña existencia. Xamais na vida fixen nada tan importante como para merecer a atención do mundo.
- Equivócaste se pensas que é a atención do mundo o que fai que unha acción sexa importante, dixo o Mestre.
Seguiu unha longa pausa.
- Ben, pero é que tampouco fixen nada que influíse en alguén, nin para ben nin para mal...
- Equivócaste se pensas que é o influír nos demais o que fai que unha acción sexa importante, volveu dicir o Mestre.
- Pero, entón, que é o que fai que unha acción sexa importante?
- O realizala por si mesma e pondo niso todo o propio ser. Entón resulta ser unha acción desinteresada, semellante á actividade de Deus.
Anthony de Mello. Un minuto para o absurdo.
Sal Terrae
Comentarios
Publicar un comentario