Lectura continua do Evanxeo na Franqueira
Esta é a invitación que me chega desde a Franqueira e quero compartila convosco, paréceme moi especial:
O Santuario de Nosa Señora da Franqueira organiza a "Lectura continua do Evanxeo de San Marcos". No marco da programación pastoral da Diócese de Tui-Vigo, que este ano está dedicada á promoción, lectura, estudo, oración da Palabra de Deus e as Sagradas Escrituras, o santuario da Franqueira realiza a lectura continua do Evanxeo de San Marcos. O sábado 26 de novembro, a partir das 6 da tarde, terán lugar unha serie de celebracións e actividades que teñen como obxectivo escoita-la da Palabra de Deus. A esa hora, como é costume tódolos sábados, celébrase a Misa dominical vespertina. Ese domingo iníciase o novo Ano Litúrxico co Advento, catro domingos de praparación para as festas do Nadal. Ao iniciarse o advento cámbiase o texto do Evanxeo que se usa cada ano, neste caso, é o Evanxeo de San Marcos o que se pasará a utilizar nas celebracións domincais.
Sobre as 6,45 haberá un momento de ambientación e explicación da actividade que se desenvolverá. Esta dará comezo ás 7 da tarde.
A idea xurdiu hai algúns anos, pero nesta ocasión foi o momento propicio. Da mesma forma que nalgúns lugares faise a lectura continua dalgún autor, por exemplo, O Quixote o 23 de abril, se quire convidar alos que o desexen, a escoitar de forma continua o texto do Evanxeo de San Marcos. Os que o desexen poden acceder a facer lecura dalgún fragmento do texto.
Esta lectura estará acompañada con algunha explicación moi puntual das partes máis importantes do Evanxeo e algúns cantos. Ademais nunhas pantallas proxectaranse esas explicacións e os textos crave para facilitar escóitaa.
É un primeiro paso para iniciar algún grupo de lectura, oración e reflexión da Sacra Escritura e nesta ocasión preténdese que os participantes activen unha das necesidades básicas dun bo orante, a escoita. Doutra banda é tamén o noso desexo que a lectura sexa expresión de que a Palabra de Deus resoa con voz humana e é acollida con alegría nos nosos corazóns.
Ao final da xornada os participantes poremos en común a merenda cea que cada un levará preparada e darase boa conta dela no salón parroquial onde estarán preparadas as bebidas e o café.
Acompañamos esta nota do cartel co que se divulgará esta actividade.

Comentarios
Publicar un comentario